O menor ingresado na UCI de Lugo polas secuelas que lle deixou a Covid-19 evoluciona "favorablemente"

O neno de dez anos que permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) Pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo con shock tóxico vinculado ao coronavirus evoluciona "favorablemente".

|

O menor, de 10 anos, sufriu un shok tóxico derivado do coronavirus que sufriu. Está ingresado na UCI do HULA, pero a súa evolución é moi positiva. 


Fontes do complexo hospitalario mesmo avanzaron que, se todo vai ben, pasará a planta esta mesma tarde. 


HULA entrada1.grande


Fachada do HULA | Foto: EP


O neno de dez anos que permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) Pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo con shock tóxico vinculado ao coronavirus evoluciona "favorablemente".


Así o confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, que sinalaron que o menor segue na Unidade de Coidados Intensivos, coa posibilidade de pasar a planta na tarde deste xoves.


O neno leva desde o luns ingresado na UCI Pediátrica do HULA. Actualmente xa recibiu o alta epidemiolóxica tras pasar hai semanas a Covid-19, pero foi ingresado debido ás consecuencias deste coronavirus.


Respecto diso, o xefe de Pediatría do HULA, Roberto Pérez Pacín, comentou este mércores pasado que se trata do primeiro caso que atenden de shock tóxico, que se presenta con febre elevada e dor abdominal, como neste menor que levaba tres días con "picos de 40".


En concreto, o xefe de Pediatría do HULA explicou que pasou "un mes" desde que tivo a Covid ata que desenvolveu este shock, pero noutros casos "poden ser entre e seis semanas", matizou.

A principios de marzo unha nena de nove anos con Covid-19 tamén foi ingresada, nese caso na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con evolución favorable, coa síndrome inflamatorio sistémico vinculado ao coronavirus.

Fuentes do Sergas indicaron tras transcender este ingreso que non se trataba dun caso singular, xa que houbo máis nenos de idades similares que foron trasladados á UCI de hospitais doutras áreas sanitarias da comunidade tras contaxiarse.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE