Confirman un brote con catorce casos, tres deles ingresados, nun petroleiro do porto de Punta Langosteira
Tres membros da tripulación afectados por este brote necesitaron ser ingresados no Hospital Quirón da Coruña.
Os demais atópanse islados no navío xunto a outros mariñeiros.
Punta Langosteria | Foto: EP
As autoridades sanitarias han confirmado un total de 14 casos positivos por Covid-19 nun barco atracado no porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira.
En total, segundo indicaron fontes sanitarias consultadas por Europa Press, hai tres membros da tripulación que tiveron que ser ingresados, en concreto no Hospital Quirón da Coruña. Outros once atópanse illados no propio barco tras dar tamén positivo. No buque permanecen, ademais, outros tripulantes que deron, neste caso, negativo.
Trátase do buque-tanque 'Blue-Sky', con 100.000 toneladas de fuel, que realizaba o traxecto entre Róterdan e Exipto, segundo precisaron, á súa vez, fontes portuarias que sinalaron que os membros do barco --que chegou o martes-- estarán en corentena "polo menos dez días".
Escribe o teu comentario