A oposición atrasa os orzamentos de Santiago forzando ao PSOE a unha moción de confianza

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, vinculará os orzamentos municipais para 2021 a unha cuestión de confianza nun pleno que terá lugar o próximo día 17 de marzo despois de que fosen rexeitados este venres pola oposición.

|

Os efectos prácticos do rexeitamento en pleno hoxe  aos orzamentos de 2021 limítanse a un atraso, que probablemente sexa dun mes


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, vinculará os orzamentos municipais para 2021 a unha cuestión de confianza nun pleno que terá lugar o próximo día 17 de marzo despois de que fosen rexeitados este venres pola oposición.


O alcalde Bugallo no pleno deste venres celebrado con parte dos concelleiros a distancia

O alcalde Bugallo no pleno deste venres celebrado con parte dos concelleiros a distancia 


En concreto, no pleno extraordinario celebrado no Pazo de Raxoi, só os edís do PSOE, que goberna en minoría na capital galega, votaron a favor das contas, polo que estas non saíron adiante ao contar co rexeitamento de PP, Compostela Aberta e BNG.

POSTURA DA OPOSICIÓN
Todos os grupos da oposición coincidiron ao criticar "falta de diálogo" por parte do grupo socialista e do alcalde. Con todo, os socialistas e o propio Bugallo rexeitaron estas acusacións.

Na sesión si saíu adiante, co voto a favor do PSOE e Compostela Aberta da modificación do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) co obxectivo de regular os usos dos pisos turísticos.

En principio, os socialistas non terán problemas para sacar adiante os orzamentos, a dúbida está se o conseguirán a semana que vén ou dentro dun mes.


PRAZOS

A cuestión de confianza no ámbito municipal está regulada no artigo 197 bis da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral. Aínda que Bugallo perda a cuesitón de confianza, a LOREG establece que os orzamentos quedarán aprobados se un mes non se ha presentado unha moción de censura construtiva (con candidato alternativo a alcalde), ou ben que, presentándose en prazo, non prosperase. 


Parece case imposible que Compostela Aberta ou BNG se alíen co Partido Popular ao redor dun candidato alternativo a alcalde,  nin sequera para formalizar un intento. Por tanto, parece que Bugallo seguirá como edil e terá orzamentos novos, iso si, posiblemente non ata ao 17 de abril.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE