Tendas pechas durante as rebaixas pola folga no comercio téxtil da Coruña

#CIG e UXT convocan os paros este mércores día 7 de xaneiro nos comercios da provincia.


|

Rueda de prensa para informar sobre la huelga en el comercio textil en la provincia de A Coruña
Foto: EP


 

Os sindicatos CIG e UXT convocaron folga no comercio téxtil na provincia da Coruña este mércores, día 7, en demanda dun marco galego "que blinde os convenios provinciais fronte ao estatal".

Con motivo do paro de 24 horas fixado, convocaron unha manifestación desde a praza de Lugo, a partir das doce do mediodía.
 


Nun comunicado, as centrais sindicais recahzan que o sector estea regulado por un convenio estatal que, apostilan, "reúne peores condicións" e que, engaden, "pretende implantar a patronal ARTE", integrada polas grandes empresas do sector.
 

G70GHGoWIAAxvP3
Foto: CIG


Tamén cualifican de "exitosas" as mobilizacións de decembro e afirman que o empresariado "aceptou na última reunión a prioridade da negociación autonómica".
 


A CIG explica que, por iso, solicitou, a través do Consello Galego de Relacións Laborais, "reunións coas patronais provinciais para pactar un acordo marco galego que estableza a prioridade aplicativa dos convenios provinciais", sen ter por agora resposta. A iso, atribúen a nova convocatoria de folga.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE