Abren os prazos para pedir subvencións para instalar enerxías renovables en casas e edificios

A Xunta abriu este mércores o prazo para solicitar as axudas ao financiamento de proxectos de autoconsumo enerxético en fogares, unha liña dotada con 2 millóns de euros de orzamento.

|

Estas axudas hai que tramitalas a través dalgunha das empresas autorizadas pola Xunta, que son as que se ocupan da instalación


É unha convocatoria de concorrencia non competitiva, polo que é clave presentar pronto a solicitude, pois todos os que cumpran os requisitos recibirán a axuda, ata que se acabe o diñeiro


A Xunta abriu este mércores o prazo para solicitar as axudas ao financiamento de proxectos de autoconsumo enerxético en fogares, unha liña dotada con 2 millóns de euros de orzamento.


EuropaPress 2567310 Paneis solares fotovoltaicos no edificio de Seguridade Cidadá do Concello de Pamplona



Diso informou a Administración autonómia, que lembra que esta orde, realizada a través dunha convocatoria de concorrencia non competitiva, prevé cubrir apoios dun máximo do 50% do proxecto ata 25.000 euros por iniciativa colectiva.

Deste xeito, a axuda máxima por vivenda é de 4.000 euros, que poderán elevarse ata os 5.550 euros se se opta pola instalación de baterías de litio.

Con estas axudas a Xunta prevé mobilizar 4,5 millóns de euros no desenvolvemento de proxectos que, segundo as estimacións do Executivo autonómico, supoñerían un aforro de 250.000 euros e 1.750 megawatios hora ao ano, así como unha redución de emisións de 600 toneladas de CO2 anuais.


OUTRA CONVOCATORIA

Por outra banda, o luns abrirá o prazo para as axudas á instalación de proxectos de enerxías renovables térmicas, como a biomasa, a geotermia, a aerotermia e a solar térmica.

A elas destínanse 3,1 millóns de euros, que irán parar (tamén a través do sistema de concorrencia non competitiva) á cobertura do 50% no caso de todos os proxectos salvo os vinculados á aerotermia, que alcanzarán o 30%.

A orde establece un máximo de 60.000 euros nas axudas a comunidades de veciños e a Xunta estima mobilizar en proxectos un total de 9 millóns de euros que permitirán un aforro de 650.000 euros anuais e unha redución de emisións de 5.000 toneladas de CO2 ao ano.

O obxectivo da Administración galega é chegar "a 1.600 fogares galegos" a través destas dúas convocatorias. As solicitudes deberán presentarse a través das "entidades colaboradoras" ata o 1 de xullo. A data límite de execución e xustificación será o 30 de setembro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE