Novas subvencións da Xunta para o autoconsumo eléctrico e enerxías renovables
A Xunta de Galicia abre esta semana o prazo de solicitude das novas liñas de axudas dirixidas ao autoconsumo e enerxías renovables destinadas a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas. En total, cun orzamento de 17,2 millóns de euros, o obxectivo é chegar a 3.000 beneficiarios e crear uns 300 empregos.