Novas subvencións da Xunta para o autoconsumo eléctrico e enerxías renovables
Hai varias convocatorias que se irán abrindo esta semana e presentarse antes pode ser clave, pois as solicitudes valóranse por orde de entrega.

Nun comunicado, a Xunta detallou que os interesados xa poden solicitar os apoios ao autoconsumo eléctrico a partir de proxectos baseados en enerxías renovables, unha liña para a que o Goberno galego destina 11,5 millóns de euros.
A intensidade destes apoios, de concorrencia non competitiva --é dicir, por orde de presentación de solicitudes--, varía en función da instalación pero calcúlase que poida permitir aforros nas facturas enerxéticas de 2,6 millóns de euros ao ano e mobilizar 28 millóns.
OUTRAS CONVOCATORIAS
Por outra banda, este mércores, día 15 de decembro, activarase a convocatoria para apoiar proxectos de geotermia e hidrotermia e o xoves se 16 abrirase a referida a iniciativas baseadas en aerotermia. Así mesmo, a partir do venres 17 poderanse solicitar os apoios para proxectos de biomasa e enerxía solar térmica.Esta liña de axudas de renovables térmicas diríxese ao sector residencial e conta cunha dotación de case 5,7 millóns de euros, aínda que a intensidade do apoio tamén é moi variable, as subvencións poden chegar aos 13.500 euros no caso de instalacións geotérmicas de circuíto pechado. O obxectivo é mobilizar ao redor de 10 millóns de euros e conseguir aforros económicos de 500.000 euros ao ano.
TRÁMITES
As peticións de axuda presentaranse directamente polo solicitante, excepto no caso de persoas físicas que non realicen actividades económicas ou unha comunidade de propietarios, que o farán a través de entidades colaboradoras.A través destas convocatorias, a Xunta destaca que impulsa o uso de enerxías renovables entre todo tipo de usuarios --fogares, empresas e administracións-- co obxectivo de avanzar na transición ecolóxica.
As convocatorias, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, súmanse ás abertas en outubro que, dirixidas a empresas e cun orzamento de 19,8 millóns, busca fomentar tamén o autoconsumo e o almacenamento enerxético.
Escribe o teu comentario