​'Galegas 8M' convoca unha folga de 24 horas o 8 de marzo: “Sen nós o sistema cae”

A plataforma, encargada de mobilizar ás mulleres da comunidade cada 8 de marzo “en calve galega, diversa, inclusiva e horizontal”, convoca unha nova folga para este ano marcado pola pandemia.


|

A plataforma, encargada de mobilizar ás mulleres da comunidade cada 8 de marzo “en calve galega, diversa, inclusiva e horizontal”, convoca unha nova folga para este ano marcado pola pandemia.


Baixo o lema 'Sen coidados non hai vida: Mujeres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!' a plataforma busca facer especial énfase en “a importancia de todos eses traballos invisibles que permiten a reprodución e o mantemento da vida, porque sen nós o sistema cae”.


Manifestacion feminista 8 m

Manifestación feminista durante a pandemia  | Foto: EP


Como cada 8 de marzo, a plataforma reivindica o papel da muller fronte a un sistema “capitalista e patriarcal, que asigna ás mulleres as tarefas de coidado, xerando o poder do mundo público e masculino, desvinculado dos tempos biolóxicos e ecolóxicos”.


Nesa liña destaca que o coidado dos menores segue sendo un papel que desenvolven as mulleres na súa maioría e sen remuneración económica. Ademais, cargan contra “a privatización de servizos esenciais para o coidado, residencias, servizos de axuda no fogar, escolas infantís” nunha cadea que “enche o peto duns poucos á conta de escravizar a moitas”.


Doutra banda, desde Galegas 8M tamén aproveitarán a xornada para denunciar a xestión da pandemia e os efectos da mesma sobre moitas mulleres que viron minguar a súa poder adquisitivo, así como as vítimas da violencia machista e a “desatención” que sufriron moitas mulleres durante a esta crise sanitaria.




“Porque esta pandemia levou a unha situación límite a moitas mulleres que xa estaban nunha situación de exclusión, pobreza, e precariedade”, denuncian. As novas obrigadas a emigrar en busca de oportunidades pola crise que golpea ao país ou a exclusión que sofren as mulleres trans son outros dos puntos que subliñan desde o colectivo, que chama ás mulleres galegas a sumarse ás protestas do 8M.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE