Ferida de gravidade na UCI unha muller arroiada por un ciclista en Carballo

Unha muller faleceu na tarde deste mércores tras ser atropelada por un ciclista nunha pista no termo municipal de Carballo (A Coruña).

|

Os feitos ocorreron este mércores nunha pista do Monte Neme cando o ciclista realizaba un descenso. 


A vítima foi asistida pola Garda Civil e por sanitarios e trasladada á UCI. Nun primeiro momento, as informacións facilitadas a este medio apuntaban ao falecemento da muller, aínda que desde a Benemérita puntualizan que está viva, pero que o seu estado é grave. 


Ambulancia do 061


As asistencias trataron de asistir á falecida | Foto: EP


Unha muller faleceu na tarde deste mércores tras ser atropelada por un ciclista nunha pista no termo municipal de Carballo (A Coruña).


Segundo os datos facilitados pola Garda Civil, os feitos sucederon cando dous ciclistas baixaban por unha "curva pechada" por unha pista na baixada do Monte Neme, en Carballo, e un deles impactou coa muller, que caeu ao chan.


Ao chegar ao lugar, á beira do campo de fútbol de Cances, a patrulla da Benemérita a muller atropelada tiña consciencia, que perdía por momentos. 


A muller atropelada foi evacuada a un centro hospitalario na Coruña, onde permanece ingresada moi grave na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), puntualizou o Instituto Armado. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE