Canto gaña un en escritor galego? Menos de 1.000 euros ao ano, di un informe da AELG

Os ingresos medios por dereitos dun escritor galego non superan os 1.000 euros anuais, segundo un estudo elaborado por Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entre 150 autores, que revela que só un 6% ten a actividade como única fonte de ingresos.

|

A penas un 6% dos escritores na lingua propia do país logran vivir da súa profesión dedicándose a ela a tempo completo


A maioría dos socios da AELG quéixanse da falta dun apoio insitucional relevante, do que si gozan, por exemplo, as editoriais


Os ingresos medios por dereitos dun escritor galego non superan os 1.000 euros anuais, segundo un estudo elaborado por Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entre 150 autores, que revela que só un 6% ten a actividade como única fonte de ingresos.


Varias persoas follean libros nunha librería da capital de Málaga.



Así se desprende dunha parte do 'Libro Branco de Escritor@s', un informe realizado pola asociación para ofrecer un panorama completo e detallado sobre a situación real dos escritores e escritoras en Galicia.

A análise, no que participaron uns 150 autores e que conta coa colaboración de CEDRO e da Deputación da Coruña, sinala que, desde o punto de vista da profesionalización, a literatura galega non ofreceu grandes avances durante o últimos corenta anos.


VIVIR DA ESCRITURA É UNHA UTOPÍA

A profesionalización de autores está en niveis moi baixos e as posibilidades de vivir da escritura literaria sobre moi escasas, segundo o estudo que busca coñecer a situación do colectivo e que reflicte que os ingresos medios en Galicia por dereitos de autoría supoñen menos de 1.000 euros brutos anuais no último ano da publicación dun libro.

Outro dato sobre as dificultades económicas da profesionalización literaria é que para o 72% os dereitos de autoría supoñen menos do 10% dos seus ingresos totais anuais. No mesmo sentido, só o 6% asegura ter como únicos ingresos os procedentes da actividade literaria, o que non significa que sexan suficientes para unha vida normal.

Así mesmo, os datos extraídos do informe sinalan que o tempo destinado a escribir é moi desigual no colectivo e que só un 6% ten dedicación regular a xornada completa. Para o restante 94%, o tempo que destinan a escribir varía moito. Así, hai un 10% con dedicación por baixo da media xornada laboral, un 14% que a ten a media xornada e un 56% con dedicación esporádica que varía en intensidade segundo as épocas.

Ademais, a dedicación está condicionada pola limitación de ingresos pola escritura e polas ocupacións dos autores noutras profesións. Deste xeito, o 67% dos escritores ten un traballo a tempo completo do que vive profesionalmente. Un 16% ten un traballo a tempo parcial e un 17% di estar dedicado por completo á escritura, pero nesta categoría inclúense pensionistas ou persoas desempregadas. A actividade fundamental que desenvolven fóra da literatura é a docencia, que supón un 36% dos casos con actividade a tempo completo.


ESCRIBIR POR VOCACIÓN DURANTE DÉCADAS

O informe da AELG apunta que o 50% dos consultados teñen publicado máis de 10 obras ao longo da súa carreira literaria e só o 20% non supera os cinco títulos publicados, fortalecendo o perfil de autores que teñen carreiras longas e que se dedican á literatura cun peso moi marcado do vocacional.

Ademais, o 75% das persoas consultadas asegura que non tivo ningunha axuda directa para escribir e que só o 10% dos mesmos tivo en conta algunha vez a posibilidade destes apoios. Neste punto, un 75% dos autores sinala que o apoio da Xunta é "escaso ou inexistente" e que "tampouco hai ningunha institución pública" que sexa valorada positivamente pola maioría do colectivo en relación ás súas políticas de respaldo da escritura.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE