​Pais e nais do CEIP Monte dous Postes piden á Xunta un cribado no colexio

A última actualización da incidencia do coronavirus nos centros escolares galegos indica que este colexio compostelán ten trece afectados e unha aula pechada.


|

A última actualización da incidencia do coronavirus nos centros escolares galegos indica que este colexio compostelán ten trece afectados e unha aula pechada.


Desde a AMPA do CEIP Monte dous Postes demandan á Consellería de Sanidade que realice un cribado “a todo o alumnado e a todo o persoal”.


Ceip monte dous postes

Visita de membros da Xunta ao CEIP Monte dous Postes en 2014 | Foto: Xunta de Galicia


Os pais e nais dos alumnos do centro piden que se aplique o cribado “ante o elevado número de casos positivos no centro”. A petición foi trasladada a principios de semana desde a dirección do centro a Sanidade, que aínda non remitiu unha resposta.


“Un cribado entre alumnos e alumnas, profesorados e demais persoal do colexios”, reclaman desde a AMPA, preocupados pola evolución da pandemia nas aulas. Só na área de Santiago de Compostela a comunidade educativa supera o medio milleiro de afectados. O CEIP de La Salle, con 17 casos, encabeza a lista nestes momentos na área da capital.


“Desde a AMPA consideran fundamental facer este cribado para todo o centro o máis pronto posible e así poder detectar os posibles positivos e evitar novos contagios”, conclúen. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE