Lugo apraza cirurxías de tumores graves para asegurar sitio na UCI ante a alza de enfermos con covid

O responsable de cirurxía do HULA, Pepe Conde, recoñeceu que se tiveron que "reprogramar" intervencións no hospital lucense debido ás circunstancias e ao contexto de pandemia, co fin de "tratar de non meter en quirófano a pacientes que poidan requirir unidades de reanimación".

|

Lugo é por agora a área con menos presión hospitalaria, segundo dixo esta tarde o SERGAS. Como tal, está a actuar de receptor de pacientes, críticos e tamén aqueles que probablemente necesiten UCI pronto, desde outras áreas sanitarias. 


Presión hospitalaria obriga aos cirurxiáns do HULA a filtrar que tumores poden operar agora. 


O responsable de cirurxía do HULA, Pepe Conde, recoñeceu que se tiveron que "reprogramar" intervencións no hospital lucense debido ás circunstancias e ao contexto de pandemia, co fin de "tratar de non meter en quirófano a pacientes que poidan requirir unidades de reanimación".



Un paciente con Covid no HULA.



Conde, que recentemente foi elixido presidente da Sociedade Galega de Cirurxía, confesou que no servizo estanse "amoldando" a ese contexto, apostando por facer "máis cirurxía ambulatoria". "Estamos reprogramando pero non demasiado", insistiu, para explicar que traballan pensando en "deixar camas libres en reanimación polo que poida ocorrer".

Conde concretou que se han "reprogramado" en intervencións de cirurxía tumoral grave a pacientes "que poidan ter ou preverse unha complicación post operatoria nunha porcentaxe alta", esperando a que pase este pico de contaxios da terceira onda da COVID-19

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE