Consternación polo falecemento de Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas do Morrazo

O alcalde de Cangas do Morrazo (Pontevedra), Xosé Manuel Pazos, faleceu este luns aos 63 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresou tras atoparse indisposto, confirmaron fontes próximas ao rexedor.

|

Xosé Manuel Pazos, rexedor de Candas do Morrazo e no cargo desde 2015, faleceu este luns aos 63 anos de idade. 


Pazos era membro da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida e encabezaba a formación Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE).


Xosé Manuel Pazos (Alternativa Canguesa de Esquerdas), alcalde de Cangas do Morrazo entre 2015 e principios de 2021.

O alcalde de Cangas do Morrazo (Pontevedra), Xosé Manuel Pazos, faleceu este luns aos 63 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresou tras atoparse indisposto, confirmaron fontes próximas ao rexedor.


Pazos, membro da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, era alcalde de Cangas desde 2015, encabezando a coalición Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), que goberna este municipio do Morrazo co PSOE.

Mestre de profesión, foi tamén actor, director e autor teatral. No ámbito político, exerceu como concelleiro de Cangas por Esquerda Unida entre 1995 e 1997, e por Alternativa Canguesa de Esquerdas entre 2007 e 2009 e, en 2015, foi investido alcalde desta localidade. Ademais, entre 1997 e 2001, foi deputado por Esquerda de Galicia (Grupo Mixto) no Parlamento galego.

Xosé Manuel Pazos levaba tempo loitando contra un cancro de pulmón e, de feito, abandonou momentaneamente a alcaldía en outubro de 2018 para ser intervido cirurxicamente e poder recuperarse. Pouco máis dun mes despois reincorporouse á súa responsabilidade como rexedor, que mantivo ata este luns.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE