Europa non asina o Tratado sobre Prohibición de Armas Nucleares

Carmen P. Flores

Hai temas, quizais polas circunstancias actuais - que non son poucas-, aos que non se lles presta demasiada atención, pasan case desapercibidos e non entendemos por que xa que nos afecta e moito. Este pasado venres entraba en vigor o Tratado sobre Prohibición de Armas Nucleares que foi aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas por 122 votos a favor e asinárono 88 países, Por certo, non asinaron os países que posúen armas nucleares. Trátase do primeiro tratado multilateral de desarmamento nuclear selaxe en máis de vinte anos.


Science in hd MAoGpZ42NZM unsplash

"A-Day" Primeira explosión dunha bomba atómica en Bikini nas Illas Marshall o 1 de xullo de 1946.


O Tratado prohibe a utilización, desenvolvemento, produción, ensaios, almacenamento e tamén as ameazas de utilización de armas nucleares Saben cantas cabezas nucleares teñen os 9 países “agraciados” con elas? A nada despreciable cantidade de 13.865 cabezas nucleares, segundo un informe publicado polo Instituto Internacional de Investigación para a Paz de Estocolmo (SIPRI). No 2019 diminuíran en 600 armas menos, pero as que manteñen eses países son altamente sofisticadas e, por tanto, potencialmente máis destrutivas. Estados Unidos e Rusia posúen conxuntamente o 90% das armas nucleares do mundo.


Por países, Rusia conta con 6.500 cabezas nucleares, das cales 1.600 foron despregadas. Estados Unidos, dispón de 6.185 cabezas nucleares das cales 1.750 foron despregadas. Francia con 300 cabezas, delas 280 foron despregadas. Reino Unido, 200 cabezas nucleares, delas 120 foron despregadas. China tiña 280 no 2018, cifra que parecer que aumentou nestes últimos anos. En 2019, Paquistán tiña entre 140 e 150 cabezas que aumentou lixeiramente; India dispón de 130 a 140 cabezas nucleares; Israel, no 2018, contaba con 80; mentres que Corea do Norte foi aumentando o seu arsenal e no 2018 contaba xa entre 10 e 20 cabezas.


O fin da Guerra Fría supuxo o nacemento dunha nova orde internacional que achegou toda unha serie de oportunidades para os Estados, pero a contrapartida tamén trouxo desafíos como a globalización, riscos, ameazas, terrorismo e un longo etc. Nese contexto de cambios e incertezas, algúns Estados, como Irán, viñeron desenvolvendo programas nucleares.


É destacable que os países da UE non quixeron votar o texto do Tratado, nin asinar, nin ratificalo Farao algún deles máis tarde? Depende dos intereses que haxa en xogo: temas da política internacional, correlación de forzas , equilibrios e o vil diñeiro …, Para algúns é entendible, para outros non tanto. Unha situación en Europa cuxos dirixentes deberían explicar e se non que cada país membro fágao á súa cidadanía en termos comprensibles, non de alta política.


A consecución do Tratado é un triunfo da sociedade civil organizada que levan anos denunciando e á vez traballando para conseguir o que, por fin, o pasado venres fíxose realidade. Pero está claro que a loita continúa.


Non hai que esquecer que a proliferación nuclear é o maior desafío para a seguridade mundial. O temor a un conflito interestatal desta natureza foi a gran obsesión da Guerra Fría, pero actualmente a ameaza é tan real como entón, aínda que a percepción pública do risco sexa menor. Dicía Albert Einstein que “cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: A paz“.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE