Risco extremo de coronavirus en Galicia ante a alza dos positivos a dúas semanas, con 627 máis hoxe

O que é inexplicable é o porqué do parón do Nadal.Que papel está a xogar nesta alza a nova cepa británica?


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser pésimas. Se a Xunta non endurece pronto as restricións é probable que o país non poida esquivar un confinamento similar ao de primavera. 

Galicia está en risco extremo segundo a súa incidencia semanal e a dúas semanas, por vez primeira desde que existe o semáforo de alertas estatal.  Cada día estamos a rexistrar uns 350 infectados máis.


O luns da semana pasada Sanidade comunicou 298 positivos. Este luns informa de 627. Non é un problema puntual, das cifras de onte, nin moito menos.


Así, a incidencia acumulada a dúas semanas ascende a 253 positivos por 100.000 galegos. A partir de 250 o semáforo de alertas pactado polo Estado e autonomías sinala que este indicador, o máis importante, entra en risco extremo.


UGWvm  b incidencia acumulada a dúas semanas de coronavirus en galicia





En risco extremo estaba xa a incidencia acumulada semanal e hoxe volve subir notablemente, de 146 a 157. A velocidade de ascenso nos últimos días é aterradora. Disparouse un 30% en só tres días.  Na rolda de prensa do venres o SERGAS dixo que por agora non había crecemento exponencial. As cifras desmentírono.




Esta alza de positivos non se debe a un número inusitadamente alto de PCRs. De feito, a media semanal está nuns 7.300 ao día, cando antes do Nadal rozáronse os 8.500.


É o parón de PCRs nas festas uno dos factores do rebote. A positividade antes de nadal chegou a ser do 3,6%; agora está no 8%; a pesar do acelerón de probas nos últimos días, tras Reyes.


CASOS ACTIVOS


O luns pasado Galicia tiña 6.404 casos activos, hoxe ten 8.250. Son 1.846 enfermos máis nunha semana, un incremento do 28%. E a situación está a empeorar. Onte sumamos 455 infectados máis, un 5,8%.





A media de crecemento diario está 4,9%, uns 355 enfermos máis cada día. Por moito que Galicia entrase en Nadal con pouca ocupación hospitalaria e por moito que sexa aínda a comunidade con máis porcentaxe de camas libres non hai sistema sanitario que aguante moito tempo tales subidas.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesa podemos inferir que:



  • O ascenso do coronavirus en Galicia é vertixinoso. Moito máis virulento que nos rebotes de final de veráns e de outubro.
  • Por agora non hai ningún indicador de que ese rebote se vaia frear pronto. Onte mesmo o presidente recoñecía que non esperaba unha mellora ata finais de mes.
  • O único dato esperanzador ao que agarrarse é que o SERGAS está a retomar a velocidade de cruceiro de PCRs. Isto permitiu conter xa o ascenso da taxa de positividade. O que é inexplicable é o porqué do parón do Nadal.
  • Que papel está a xogar nesta alza a nova cepa británica? Non o sabemos, pois a Xunta informa sobre a variante con contagotas. Sabemos que dous de as zonas onde hai casos confirmados (Santiago e A Mariña) son dous das zonas cunha alza máis brusca. Son as dúas primeiras zonas onde saltaron casos da cepa.


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


A Coruña volve ser a área sanitaria con máis casos activos, con 151 dos 627 diagnósticos de Galicia. Santiago, a outra área que máis preocupa ao SERGAS, encadea dúas xornadas por baixo dos 100.



As áreas que mellor se están comportando son Lugo e Pontevedra. Agora ben, as cifras de Lugo están embazadas polos pésimos datos da Mariña. 


Análise en detalle das tendencias a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE