Covid por municipios: A Coruña (+46), Tui (+39) e Ribeira (+12) son os que máis empeoran hoxe

Todas as areas mostran unha tendencia á alza de infectados, salvo Pontevedra.  En canto ao global de casos activos --pacientes que aínda atravesan a enfermidade--, Galicia contabiliza este xoves 6.700, 396 máis que na xornada anterior.A área da Coruña é onde máis hai, con 1.470 pacientes (+93), seguida por Santiago con 1.453 (+11) e Vigo, distrito no que se produce a maior oscilación da xornada, pois soben en máis dun centenar cos casos activos ata os 1.260 (+144).Tras estas, Pontevedra conta con 735 (+8), Ourense con 764 (+30), Lugo con 619 e Ferrol con 399 (+12).  POSITIVOS DETECTADOSDe este modo, dos 639 novos positivos detectados nas últimas 24 horas, as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago achegan a maioría dos contagios.Así, foi na zona de influencia da cidade olívica onde se deron máis diagnósticos con 181 casos --91 máis--; seguida pola Coruña-Cee con 157 --9 menos-- e Santiago-Barbanza, con 93 --40 menos--.


|

A Coruña convértese na área sanitaria con máis enfermos, superando a Lugo.  Con todo, o virus acelera en toda Galicia.


Salvo gran sorpresa, o SERGAS impoñerá pronto restricións máis duras na cidade da Coruña, poida que tamén na súa comarca. Os datos da urbe seguen empeorando notablemente día tras día.


Hoxe conta 614 casos nos últimos 14 días. Son 46 máis que onte. A cantidade de positivos na Coruña duplicouse nas dúas semanas que pasaron desde Nadal.






A súa incidencia acumulada dispárase a 250 diagnósticos por cada 100.000 coruñeses en dúas semanas. Mañá probablemente superá os 250, o que fará que entre en risco extremo segundo os niveis do semáforo de alertas pactado por Estado e autonomías. Sería a primeira cidade galega en retornar a este nivel.



Por agora todas as cidades permanencen en nivel de risco alto, en laranxa no mapa. A única cidade é Lugo, a única que está desperimetrada, e aguanta por agora en nivel de risco medio.


Moi notable tamén o empeoramento no Sur de Ourense, con case todos os concellos próximos a Porgual en nivel de risco extremo. A Mariña, A Terra Cha, A Costa da Morte e O Barbanza son as zonas en peor situación.




Esta é a lista de concellos cuxo cómputo de positivos a 14 días máis crece hoxe:


  • Fene 7
  • Burela 7
  • Xinzo De Limia 8
  • Moaña 11
  • Ourense 12
  • Arteixo 14
  • Vimianzo 14
  • Ribeira 16
  • Tui 39
  • Coruña (A) 46 



Os 39 positivos máis en Tui teñen que ver co brote detectado no asilo que xestionan as monxas franciscanas na vila. Son 41 as persoas afectadas en a residencia 'Paz e Ben' de Tui.


A lista de municipios nas que máis cae o cómputo a 14 días hoxe é:





  • Santa Comba -10
  • Verin -8
  • Barro -7
  • Mazaricos -6
  • Boiro -5
  • Redondela -5
  • Bueu -4
  • Vilagarcia De Arousa -4


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


Así as cousas, A Coruña convértese na área con máis casos activos, superando hoxe a Santiago. Todas as areas mostran unha tendencia á alza de infectados, salvo Pontevedra. 





En canto ao global de casos activos --pacientes que aínda atravesan a enfermidade--, Galicia contabiliza este xoves 6.700, 396 máis que na xornada anterior.

A área da Coruña é onde máis hai, con 1.470 pacientes (+93), seguida por Santiago con 1.453 (+11) e Vigo, distrito no que se produce a maior oscilación da xornada, pois soben en máis dun centenar cos casos activos ata os 1.260 (+144).

Tras estas, Pontevedra conta con 735 (+8), Ourense con 764 (+30), Lugo con 619 e Ferrol con 399 (+12). 


POSITIVOS DETECTADOS
Deste xeito, dos 639 novos positivos detectados nas últimas 24 horas, as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago achegan a maioría dos contagios.

Así, foi na zona de influencia da cidade olívica onde se deron máis diagnósticos con 181 casos --91 máis--; seguida pola Coruña-Cee con 157 --9 menos-- e Santiago-Barbanza, con 93 --40 menos--.





Na área de Ourense notificáronse 71 contagios --4 máis--; en Pontevedra foron 45 --16 máis--; en Ferrol 63 --11 máis-- e en Lugo, con 63 novos positivos.

ALTAS, CASOS E FALECIDOS
En Galicia rexistráronse ata o momento 66.428 casos de coronavirus, dos que 58.303, 378 nas últimas 24 horas.

En total, a comunidade fixo, desde o inicio da pandemia, 1.153.347 probas PCR, 7.944 delas no último día. En canto ás vítimas mortais, a crise sanitaria deixa en Galicia ata o momento 1.431 falecidos, catro nas últimas horas. 

InXUz coronavirus por concellos de galicia  (4)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE