​O centro de saúde de Ribeira, en risco extremo por Covid, ao límite das súas forzas polas ausencias, denuncia CIG

Persoal do centro, co apoio do sindicato, denuncian a situación do centro de saúde ribeirense, onde a pesar da crise do coronavirus seguen acusando importantes carencias de persoal. 


|

Persoal do centro, co apoio do sindicato, denuncian a situación do centro de saúde ribeirense, onde a pesar da crise do coronavirus seguen acusando importantes carencias de persoal.


A Confederación Intersindical Galega tacha de “ausencias crónicas” as vacantes existentes na “categoría de facultativos”.


IMG 20201231 WA0014



Estas ausencias existían antes da pandemia, pero neste escenario, no que Ribeira é un dos municipios máis afectados da comunidade a pesar de comezar coa súa desescalada hai uns días –aínda que recentemente as súas cifras experimentaron un lixeiro repunte-, a actividade do centro de saúde do municipio barbancés viuse “agravada pola situación actual”.


Neste sentido, desde CIG apuntan que, nun contexto de normalidade, o centro contaría con nove médicos de familiar pola mañá, cinco pola tarde e catro pediatras. “A data de hoxe persoal atópase con tres médicos de familia e dous pediatras para todo o centro”, critican. Ademais, aseveran que a isto hai que sumar a ausencia dunha pediatra na veciña  A Pobra do Caramiñal, “tendo que atender tamén a eses pacientes, asumindo tamén esa ausencia de pediatría”.

.


“A consecuencia disto nosas axendas, que xa están bastante aumentadas pola pandemia, víronse agravadas por ter que asumir as cotas dos demais facultativos, que por motivos persoais xustificados (baixas, permisos familiares...) non puideron acudir ao centro”, advirten. Por todo isto, os profesionais ven forzados a atender a máis de 60 pacientes “chegando a atender ao redor de 80” cando unha axenda normal “atópase ao redor dos 35 pacientes”.


Á súa vez, esta presión asistencial ha provocado atrasos de ata dúas horas nas consultas, cando mesmo se pospuxeron as citas para días posteriores. De igual maneira, os pacientes son atendidos con máis rapidez da habitual “dada a imposibilidade de atender a 70 pacientes na mañá, máis as urxencias que poidan xurdir no transcurso da quenda de mañá no centro”


Esta situación xa foi denunciada anteriormente desde marzo polo propio centro e notificada reiteradamente polas centrais sindicais nas reunións de comisión de centros que Xerencia, sen tomar ningún tipo de medida por parte da mesma”, lamentan, á vez que solicitan á administración “unha mellor xestión” e “a cobertura das ausencias para que os pacientes teñen unha idónea calidade asistencial”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE