O Corte Inglés de Santiago acolle “Moda Miúda”, mostra do talento en dieño de moda infantil do Mestre Mateo

A Sala de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago de Compostela inaugura esta tarde, ás 18.00 horas, a exposición Moda Miúda, unha mostra que reúne unha selección de microcolecciones de moda infantil deseñadas por dez alumnos de cuarto curso do Grao en Ensinos Artísticos Superiores de Deseño de Moda da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Mestre Mateo. En total, preséntanse 31 propostas realizadas durante os cursos 2024/25 e 2025/26.

 


|

Colecciu00f3n de moda domingos de comida familiar en una imagen del Instagram de Pau Abraira
Colección de moda "Domingos de comida familiar" nunha imaxe do Instagram de Pau Abraira

Esta é a terceira colaboración entre a EASD Mestre Mateo e O Corte Inglés de Santiago, unha alianza que busca visibilizar o talento emerxente e achegar o deseño contemporáneo ao público galego. A inauguración contará coa presenza de Elisa M. González, vicedirectora da escola; Noelia Tojeiro, profesora de Deseño Infantil; o dez novos creadores; e Sonia Rodríguez, xefa de Recursos Humanos do centro comercial. A entrada será libre e o horario de visita será de luns a sábado, de 10:00 a 22:00 horas, até o 28 de febreiro de 2026.

 

Os proxectos expostos nacen da materia de Deseño Infantil e mostran a capacidade técnica e creativa do alumnado. Cada colección reinterpretan o vestiario infantil con propostas innovadoras que exploran distintas etapas do crecemento e inspíranse na literatura, o minimalismo xaponés, o mar, a gandaría ou a flora galega. A memoria persoal dos deseñadores tamén está moi presente, transformar en historias visuais que dialogan entre tradición e modernidade.

 

Entre as dez coleccións figuran a poética mirada rural de Baby Cow de Alba Carballal Neto, as tinguiduras naturais inspirados na vexetación autóctona en De toxo a toxo de Águeda Comesaña Fernández, ou o minimalismo depurado de Kanso de Hugo López Casal. Cada proposta reflicte unha identidade propia, consolidando o compromiso do centro educativo coa diversidade estética e conceptual.

 

A exposición tamén pon en valor a artesanía e as técnicas tradicionais aplicadas ao deseño contemporáneo. Procesos como o ecoprint, o tinguido natural, o bordado, o punto e o ganchillo combínanse con materiais sostibles e complementos feitos a man, desde peluches até bufandas ou accesorios.  

 

Con máis de 130 anos de historia, a EASD Mestre Mateo é o referente público de Galicia en formación artística e de deseño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE