A igrexa alonga o Xacobeo ata 2022 debido ao impacto do coronavirus
A Igrexa católica non se caracteriza precisamente por variar con facilidade as súas tradicións. Con todo esta vez escoitou as peticións da Xunta e sorprendentemente o Xacobeo 2021 será tamén Xacobeo 2022.
A Igrexa non se caracteriza precisamente por variar con facilidade as súas tradicións. Con todo esta vez escoitou as peticións da Xunta e sorprendentemente o Xacobeo 2021 será tamén Xacobeo 2022.
A Santa Sé decretou a prolongación do Ano Santo 2021 durante todo o ano ano 2022 polas circunstancias excepcionais que rodean a súa celebración por mor da pandemia de covid-19.
SORPRESA
Así o anunciou o nuncio apostólico para España, Bernardito Auza, ao concluír a eucaristía coa que finalizou a apertura da Porta Santa, xusto antes de que dese comezo o voo do botafumeiro.
Auza tomou a palabra para dar lectura a un decreto da penitenciaría apostólica, datado a inicios deste mes de decembro, no que, teniendo en cuenta as difíciles circunstancias que se viven en todo o mundo pola pandemia da covid-19, o Papa acorda prorrogar os dons espirituais vinculados ao Ano Santo durante todo o 2022.
Tras recibir a noticia, o arcebispo compostelán, Julián Barrio, expresou o seu "agradecemento profundo" por "esta graza" concedida polo Santo Pai, que, explicou, alegrará a "tantos e tantos peregrinos" que ao longo destes dous anos chegarán ante a tumba do Apóstolo e poderán entrar pola Porta Santa.
Escribe o teu comentario