Un positivo en Vitrasa e os traballadores critican á concesonaria de bus de Vigo por non facer cribado
A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do transporte urbano no concello de Vigo, acusou á empresa de "inacción" tras indicar que se confirmou "un positivo por covid-19 entre o persoal do taller".
Os operarios piden á empresa de autobús urbano en Vigo que faga PCRs tras un positivo no taller. A CIG acusa á compañía de saltarse as súas propias normas de seguridade.
En concreto, denuncian que a dirección "non aplicou o protocolo existente e non lle comunicou o caso aos delegados de prevención". Ademais, engade que "se nega a facer PCR e remite aos compañeiros e compañeiras da persoa contaxiada a poñerse en contacto co seu médico de cabeceira se o estiman oportuno".
ACUSACIÓNS
Desde CIG-Vitrasa critican á compañía por, argumentan, "desatenderse de todas as propostas achegadas polos delegados da central durante a pandemia". Tamén incide en que solicitaron "a realización de probas PCR ao cadro de persoal, obtendo en todas elas a negativa por resposta".Por outra banda, indican que aínda que a empresa "conta cun protocolo propio de prevención e actuación contra a covid, a única actuación fronte ao contaxio é notificalo ao Sergas".
Escribe o teu comentario