A vacinación en Galicia terá que esperar a mércores polo atraso da segunda remesa de Pfizer

O atraso na chegada da segunda remesa de vacinas Pfizer-BioNTech a España, con 18.000 unidades para Galicia, provocou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) reprogramase para o mércores a continuación da súa campaña de vacinación en residencias de maiores das sete áreas sanitarias.

|

As 18.000 unidades da vacina programadas para Galicia chegarán, pero máis tarde do esperado. Este cambio de última hora obrigou ao SERGAS ha reformular a campaña de vacinación nas residencias de maiores.


Desta forma, será o mércores cando comece a primeira fase do programa de vacinación contra a Covid-19 que promete ser o principio do fin da pandemia. 


Nieves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia


O atraso na chegada da segunda remesa de vacinas Pfizer-BioNTech a España, con 18.000 unidades para Galicia, provocou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) reprogramase para o mércores a continuación da súa campaña de vacinación en residencias de maiores das sete áreas sanitarias.

Deste xeito, a Xunta recibirá a segunda entrega este martes e non este luns, tal e como estaba previsto, polo que a vacinación comezará finalmente o mércores unha vez as doses pasasen polo proceso de desconxelación.

Tras a "incidencia loxística" ocorrida en Bélxica que alegou Pfizer e que afecta a oito estados da Unión Europea, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, xa asegurou este luns, nunha entrevista á Cadea Ser, que o problema xa está "resolvido".

Galicia, como en España e na gran maioría de países comunitarios, inoculó as primeiras vacinas este domingo na residencia Porta do Camiño de Santiago. Nieves Cabo, unha compostelá de 82 anos usuaria deste centro sociosanitario, foi a primeira en recibila.

Precisamente, este domingo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou que a segunda remesa de Pfizer-BioNTech chegaría á Comunidade galega --inicialmente, este luns-- cun total de 18.000 unidades que se repartirían para administrarse de maneira simultánea en residencias das sete áreas sanitarias, coa previsión de que cada día cheguen a máis de 1.000 persoas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE