Os contagios mantéñense por baixo de 300, pero as PCR seguen á baixa mentres soben os hospitalizados
Con todo, é tamén a terceira xornada seguida cunha positividade por encima do 5% que marca a OMS. Hoxe é do 5,51% despois de detectar 277 novos positivos. Os repuntes dos últimos días levaron á media semanal de Galicia ha dar botes de forma case constante, oscilando entre o descenso e a alza, nos dous casos pouco significativo.
A pandemia en Galicia avanza a un ritmo amodo en Galicia, pero tamén en gran medida ao baixo número de test realizados nos últimos días.
A comunidade leva xa dous días con menos de 300 contagios en 24 horas, pero preocupa especialmente a alza na ocupación de camas de hospital para pacientes Covid.
Hoxe Galicia conta con 101 casos activos menos que onte, o segundo descenso por encima do centenar de casos en 48 horas e a terceira xornada consecutiva de baixada. Con todo, é tamén a terceira xornada seguida cunha positividade por encima do 5% que marca a OMS. Hoxe é do 5,51% despois de detectar 277 novos positivos.
Os repuntes dos últimos días levaron á media semanal de Galicia ha dar botes de forma case constante, oscilando entre o descenso e a alza, nos dous casos pouco significativo. Hoxe conta con valores negativos e decrece a un ritmo do -0,2%. Isto significa que rebaixa un -0,2% os datos de onte. A incidencia acumulada a 14 días tamén leva varias xornadas en descenso e hoxe queda en 160 por cada 100.000 habitantes.
Pero segue chamando poderosamente a atención o número de PCR realizados en Galicia nos últimos días. O SERGAS realizou nos últimos dous días 7.877 test (5.024 esta xornada; 2.853 a anterior). Só nos dous días previos a esta baixada se habían realizados máis de 16.000 test.
GOLPE NA PRESIÓN HOSPITALARIA
As peores noticias esta xornada chegan, unha vez máis, desde os hospitais, onde se incrementou o número de pacientes con coronavirus. Desta forma, esta xornada ocúpanse 17 camas nas áreas para pacientes Covid, aínda que felizmente atópanse por baixo das 300 camas ocupadas: 295 para ser exactos. Con todo, son xa tres xornadas de subida neste capítulo, con 30 pacientes máis neste tempo
As altas médicas subiron significativamente en comparación ao día anterior, con 393, 56 máis. Tamén hai que lamentar un novo deceso, o que ascende o número de vítimas mortais a 1.370.
Escribe o teu comentario