Un novo temporal de frío e choiva azoutará Galicia a partir deste domingo, con ondas de ata dez metros

Un temporal costeiro de vento e ondada deixará en alerta máxima este domingo ao litoral da Coruña e Lugo, onde se prevé un mar combinado de oeste que deixará ondas de entre 8 e 10 metros a partir da noite do domingo.

|

O aviso por fenómenos costeiros deixará ás costas da Coruña e Lugo en alerta vermella a partir da madrugada deste domingo.


O aviso amarelo por ventos estará activo en case toda a provincia de Lugo e A Coruña e laranxa a montaña de Lugo e Ourense.


Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada  Ondas na praia de Meirás, Valdoviño (A Coruña) temporal, ondada


Un temporal costeiro de vento e ondada deixará en alerta máxima este domingo ao litoral da Coruña e Lugo, onde se prevé un mar combinado de oeste que deixará ondas de entre 8 e 10 metros a partir da noite do domingo.


Con todo, segundo a previsión de Meteogalicia, a situación no mar motivará que xa desde primeira hora da mañá estean activos avisos en toda a costa de Galicia.

Deste xeito, Costa da Morte, A Mariña lugesa e o resto do litoral coruñés estarán en aviso laranxa por ventos de oeste de forza 8 con intervalos de 9 a partir das 06,00 horas do domingo.

O aviso elevarase ao máximo nivel (identificado coa cor vermella) a partir das 21,00 horas e manterase, polo menos, ata a noite do luns.

Ademais da ondada tamén se agardan fortes ventos en toda a costa de Galicia, especialmente no terzo norte. De este modo, na Mariña espéranse refachos de máis de 100 quilómetros hora, así como ventos de forza oito con intervalos de 9 a partir da mañá do domingo.

A situación na costa tamén obriga a activar o aviso laranxa por risco moderado nas Rías Baixas, nas que esperan ondas de máis de 5 metros e ventos do noroeste de forza sete ao longo da tarde.


AVISO NO INTERIOR

Ademais, o temporal tamén se deixará notar en zonas do interior, o que levou ás autoridades para decretar o aviso amarelo por ventos en case toda a provincia da Coruña e Lugo ao longo das horas centrais do día.


Un aviso que será laranxa na montaña de Lugo e Ourense, onde tamén se agardan refachos de vento de ata 100 quilómetros por horas nun domingo que dará paso a un luns que deixará nevadas nestas zonas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE