Os cribados en Chapela, Cangas e Gondomar a máis de 4.200 persoas só detectan 12 positivos

Os cribados realizados a máis de 4.200 persoas dos municipios de Gondomar e Cangas, e da parroquia redondelana de Chapela, detectaron 12 casos positivos de COVID en asintomáticos, segundo informou este mércores o Sergas.

|

En Cangas detectáronse dous casos, catro en Chapeal e media ducia en Redondela.


O de Chapela foi o que tivo unha mellor acollida, cun 64,69% de asistencia dos citados; Cangas o que menos atraeu aos citados, cun 55,3%. 


Test PCR



Os cribados realizados a máis de 4.200 persoas dos municipios de Gondomar e Cangas, e da parroquia redondelana de Chapela, detectaron 12 casos positivos de COVID en asintomáticos, segundo informou este mércores o Sergas.


Así, nos últimos días realizáronse probas nestes municipios, que están entre os que presentan peores datos de incidencia da pandemia na área sanitaria viguesa. A finalidade destes cribados é detectar a persoas contaxiadas que non teñan síntomas, polo risco que supoñen para a saúde pública, ao desenvolver a súa vida con normalidade por descoñecer a súa condición de infectados.


No concello de Cangas citouse a 3.000 persoas, das que acudiron 1.661 a someterse aos test (55,3 %). En total, deron positivo dúas persoas.


No municipio de Gondomar foron 2.500 os citados, e a participación foi do 62,24 % (1.556 persoas). Nesas probas detectáronse 6 casos positivos.


Finalmente, na parroquia de Chapela, en Redondela, foron citadas 1.600 persoas e acudiron ao COVID-auto do hospital Meixoeiro 1.035 persoas (64,69 %). As probas neste caso detectaron 4 casos positivos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE