Descuberto novo petróglifo sen catalogar en Mondariz (Pontevedra)

É probable que os incendios forestais arrsaran a zona, deixando ao descuberto a roca.


|

É probable que os incendios forestais arrasasen a zona, deixando ao descuberto a roca.


Petróglifo localizado en Mondariz.



Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo localizaron, coa colaboración dun veciño, un petróglifo sen catalogar no concello de Mondariz, concretamente no Monte Cabaleiro.

Os axentes realizaron as xestións correspondentes co servizo de Patrimonio, ao que comunicaron o achado e o lugar onde se produciu para que puidesen proceder á súa valoración e posterior catalogación e inventariado. O servizo de Patrimonio da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra confirmou que este petróglifo non figuraba no inventario de xacementos arqueolóxicos da provincia.

A súa localización produciuse, posiblemente, como consecuencia dos incendios de outubro de 2017, tras os que a choiva limpou a zona e a terra que cubría a roca e o seu gravado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE