O Segundo Premio do Sorteo de Nadal recae en Ferrol: 06.095

Un segundo premio do Sorteo de Nadal 2020, o 6.095, recaeu en Ferrol, segundo a información facilitada pola Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (SELAE).

|

A cidade departamental ha recibido con alegría este Segundo Premio, un dos moitos que chegaron este 22 de decembro a Galicia.


'El Gordo', que saíu unha hora antes, repartiuse en Galicia en Vigo, O Grove e O Porriño; o Terceiro Premio en Ourense, e varios quintos premios por toda a comunidade.


Gordo nadal



Un segundo premio do Sorteo de Nadal 2020, o 6.095, recaeu en Ferrol, segundo a información facilitada pola Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado (SELAE).


Foi despois das 13,00 horas cando se coñeceu este segundo premio, ao que pouco despois sumouse un quinto premio, o 43.831, tamén vendido en Galicia en distintas localidades galegas neste caso.


Se o segundo premio só recaeu no caso da comunidade autónoma galega en Ferrol, aínda que se vendeu nunha vintena de localidades españolas, este quinto premio estivo moi repartido tanto en España como en Galicia.

Así, entre outros municipios galegos, vendeuse en Lugo, Ourense, na Coruña cidade e no municipio coruñés de Teo, no Carballiño e en localidades pontevedresas como Moraña, Ponteareas ou Meis, ademais da propia cidade de Pontevedra.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE