Un cargueiro nuclear ruso avariado “rozará” a costa galega estes días no seu regreso a San Petersburgo
As autoridades marítimas miran con receo a traxectoria do Sevmorput, o único cargueiro nuclear que permanece activo, que regresa a Rusia despois de detectar unha avaría e que pasará preto de Galicia estes días.
As autoridades marítimas miran con receo a traxectoria do Sevmorput, o único cargueiro nuclear que permanece activo, que regresa a Rusia despois de detectar unha avaría e que pasará preto de Galicia estes días.
O episodio lembra ao do buque ‘Blue Star’ que quedou varado o pasado ano na costa de Ares e que a punto estivo de provocar unha crise ecolóxica.
O Sevmorput é o único cargueiro da súa categoría na actualidade | Foto: Wikipedia
A avaría na hélice do Sevmorput obrigou á tripulación para redirixir o navío, de construción soviética, de novo á súa base en San Petersburgo cando se atopaba navegando rumbo á Antártida. A avaría ademais condiciona a dirección do barco, que se move en zigzag. Unha anomalía que ademais require dunha reparación en terra, xa que os intentos de arranxar a hélice estragada no mar foron infrutuosos.
Aínda por riba, o cargueiro navega sen o seu capitán, evacuado de urxencia por Salvamento Marítimo cando o busque atopábase nas Illas Canarias. O capitán tivo que ser atendido por un presunto caso de meninxite, pero antes de ser asistido informou de que na nave “a maquinaria e os equipos mecánicos a bordo funcionan correctamente e no momento actual, e en toda a travesía, non se produciu ningún incidente ou avaría do equipo nuclear a bordo do buque”.
Desde o Goberno de España xa están ao corrente da situación en mesmo membros de Podemos trasladaron a Moncloa a súa preocupación polo escenario que se presenta agora.
UN BARCO “VETADO”
Con todo, é importante recalcar que desde a embarcación, que conta cun reactor nuclear con 150 quilos de uranio enriquecido, non notificaron ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica ningún tipo de incidente de carácter nuclear e que as anomalistas que reviste o barco son puramente mecánicas. Nestes momentos non existe risco real pola liberación ou contaminación nas augas de material radioactivo.
Polas súas características e dimensións -260 metros de eslora, unha manga de 32 metros e un calado de case 12 metros- o barco está vetado na maioría de portos do mundo. Con todo, o barco, con preto dun centenar de tripulantes abordo, foi sometido a inspección fai menos dun ano e conta con toda a súa documentación en regra.
O seu percorrido fronte á fachada atlántica galega e a súa presenza nas costas españolas dependerá sobre todo do comportamento da embarcación e da velocidade que consiga alcanzar co hándicap de contar cunha propulsión tan mermada e unha carga que supera as 25.000 toneladas.
Escribe o teu comentario