Cinco terremotos de pequenas dimensións en apenas catro horas sacoden o municipio de Vilaboa
Os sensores sísmicos rexistraron ata cinco tremores, todos eles de pequena magnitude, entre as 7:22 horas e as 11:02 deste mércores.
O máis forte de todos eles, o primeiro rexistrado, apenas chegou aos 2,7 graos da escala Richter.
O municipio de Vilaboa, na provincia de Pontevedra, rexistrou cinco pequenos terremotos entre as 7,22 e as 11,02 horas da mañá deste mércores, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional.
Con todo, os tremores foron débiles para ser percibidos polos veciños, xa que oscilaron entre o 1.8 e o 2.7 de magnitude na escala Richter.
O máis intenso --2,7-- foi ás 7,22 horas deste mércores e a unha profundidade de 21 quilómetros; mentres que o segundo deles tivo lugar un minuto despois, ás 7,23 horas e alcanzou unha magnitude de 2,6. Pola súa banda, ás 7,28 horas rexistrouse un terceiro, a 15 quilómetros de profundidade e cunha magnitude de 1,8.
Xa ás 8,05 horas produciuse o cuarto destes tremores, a 24 quilómetros de profundidade e cunha magnitude de 1,9. O último detectouse ás 11,02 horas, a unha profundidade de 26 quilómetros e 2,1 na escala de Richter.
Escribe o teu comentario