En María Pita xa están ao choio para arrebatar a Casa Cornide de mans da familia Franco

A asesoría do Concello da Coruña traballa na futura demanda para reclamar, xudicialmente, a Casa Cornide aos Franco, segundo ratificou a alcaldesa, Inés Rey, a preguntas dos xornalistas coincidindo coa súa visita ao castro de Elviña.

|

O Goberno de Inés Rey empezou a perfilar o proceso para reclamar xudicialmente mediante unha demanda a Casa Cornide aos Franco.


Desde o consistorio herculino apoian a súa denuncia no informe da UDC "que avala o criterio" que defenden desde o goberno municipal.


Casa Cornide

A asesoría do Concello da Coruña traballa na futura demanda para reclamar, xudicialmente, a Casa Cornide aos Franco, segundo ratificou a alcaldesa, Inés Rey, a preguntas dos xornalistas coincidindo coa súa visita ao castro de Elviña.


En concreto, destacou que o informe encargado a a Universidade da Coruña (UDC) "avala o criterio mantido desde o concello". "A eventual nullidad da permuta-poxa e posterior venda a Carmen Polo", dixo sobre a muller de Franco e as condicións nas que adquiriu o inmoble.

Por outra banda, sobre a reunión anunciada co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez coa alcaldesa, a propia rexedora confirmou que foi cancelada por motivos de axenda.

Con todo, para a reunión convocada esta tarde na Delegación do Goberno en Galicia, para a constitución da comisión técnica do pazo de Meirás, que definirá os usos, adiantou que asistirá o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín.

Dela, apelou a traballar as distintas administracións implicadas para deseñar "o contido e a fórmula" que se aplicará para a xestión do pazo e os seus usos, á espera dunha sentenza definitiva.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE