Abanca comeza a vender participacións dun 'fondo voitre' de BlackRock a algúns dos seus clientes

Abanca ampliou o seu catálogo de produtos de investimento co lanzamento para os seus clientes de banca privada dun fondo de investimento en empresas non cotizadas da man da xestora estadounidense BlackRock.

|

BlackRock é o maior grupo investidor do mundo especializado en comprar empresas e pisos a baixo custo para vendelos depues de reestruturar a súa débeda.  Ademais, en España é o primeiro accionista de grandes bancos como o Santander ou o BBVA. Agora, ABANCA empeza a comercializar un dos seus vehículos de investimentos en compañías non cotizadas.


Abanca ampliou o seu catálogo de produtos de investimento co lanzamento para os seus clientes de banca privada dun fondo de investimento en empresas non cotizadas da man da xestora estadounidense BlackRock.



Larry Fink é o CEO de Backrock, nunha imaxe do Flickr de Financial Times

Larry Fink é o CEO de Backrock, nunha imaxe do Flickr de Financial Times  /CC BY 2.0



O lanzamento do fondo 'BlackRock Private Equity Opportunities ELTIF' forma parte do plan de desenvolvemento do negocio de banca privada iniciado por Abanca en 2019, segundo informou nun comunicado.

Este produto, regulado en Luxemburgo, diríxese a investidores experimentados, dispostos a asumir un maior risco e cun horizonte de investimento a longo prazo, de oito a doce anos.

EMPRESAS QUE NON COTIZAN EN BOLSA
O fondo ten como obxectivo investir en empresas de todos os sectores na Unión Europea, Estados Unidos, Canadá, China e Corea do Sur, tanto en compañías consolidadas como en empresas novas, sempre non cotizadas.

Abanca explica que o produto xorde da necesidade de proporcionar aos clientes novas opcións de investimento ante as dificultades derivadas da retardación do crecemento, os baixos tipos de interese e a volatilidade dos mercados cotizados e bonos.

Abanca Privada xestiona un patrimonio de 5.000 millóns de euros, conta cun equipo de máis de 50 banqueiros en España e Portugal, e 28 oficinas especializadas, 16 en España e 12 en Portugal. Tamén conta con presenza en EE.UU. e Suíza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE