A menor cantidade de casos activos e aulas pechadas por coronavirus desde o inicio de mes

Lista completa de centros de educación con casos activos de coronavirus remitida pola Xunta de Galicia no interior.


|

Aínda que o brote escolar no CEIP de Carballo segue crecendo, o conxunto dos centros escolares non universitarios recorta o impacto do coronavirus.


Os casos de Covid-19 nos centros escolares galegos experimentan este xoves un pequeno descenso, como xa ocorreu este mércores, ata situarse nun total de 1.208 positivos, 27 menos que a xornada anterior.




Tamén baixa o número de aulas pechadas ata situarse nun total de 46 fronte ás 53 rexistradas o mércores. Nove delas seguen estando no CEIP Fogar do municipio de Carballo (A Coruña).

SEGUEN APARECENDO POSITIVOS NO CEIP FOGAR
Este centro sitúase como o principal foco da pandemia no sistema educativo e acumula ata o de agora o maior número de positivos detectados nun centro, con 40, un máis que o mércores. O seu director indicou antonte que a Xunta autorizara un cribado de todos os alumnos e profesores.

Co maior número de aulas pechadas, dúas, figuran, ademais deste centro as escolas infantís municipais de Bergondo e Cambre-A Barcala (A Coruña), con dúas e seis positivos, respectivamente, e a de Chantada (Lugo), con dous casos.

VIGO E A Coruña, MÁIS AFECTADOS
Os centros da área de Vigo son os que seguen tendo maior número de positivos, un total de 340, dous menos que o mércores, pero que obrigan a ter dez aulas pechadas. O CPR Plurilingüe O Castro é o que ten máis positivos, un total de 13, seguido do CIFP Manuel Antonio, con 10.

Séguenlle a área da Coruña, con 272 casos, dous máis que a xornada anterior e a que rexistra o maior número de aulas pechadas, un total de 20. Ademais do CEIP Fogar de Carballo, o maior número de positivos, aínda que en moita menor medida, son o CPR Compañía de María, con oito, o mesmo número que o CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco.


CPR Compau00f1ou00eda de Maru00eda da Coruu00f1a

CPR Compañía de María na Coruña nunha imaxe de Google Street View


RESTO DE ÁREAS
Mentres, na área de Lugo rexístranse 180 positivos, seis menos que o mércores, con oito aulas pechadas, unha menos que a xornada anterior. Os centros con máis casos, un total de 7, son o CEIP A Ponte, o CPR Plurilingüe Divino Mestre e o IES Ánxel Fole, de Lugo; seguido do IES Santiago Basanta, de Vilalba.

Na de Pontevedra, son 153 os positivos, un menos que o mércores, e catro aulas as pechadas, as mesmas que ese día. O maior número de casos, 7, dáse no IES Chan do Monte, en Marín. Na de Santiago, sitúanse en 112 os casos en centros escolares, co que non rexistran variación, e en catro as aulas pechadas, cinco menos.

No caso desta última, o maior número de positivos son cinco, os que se rexistran na Escola Infantil Municipal A Magdalena; de Ames; o CPR Manuel Peleteiro, de Santiago, e o IES Manuel García Barros, da Estrada.

As áreas de Ourense e Ferrol mantéñense, por esta orde, co menor número de positivos, 93 --dous menos-- e 58 --18 menos--, respectivamente, e en ambos os casos sen ningunha aula pechada. Na área ferrolá, o centro con máis positivos é o CEIP Manuel Fraga Iribinare, de Cariño, con seis. Na de Ourense, o CEIP Carlos Casares, de Xinzo de Limia, é o que concentra maior número de positivos, un total de sete.


Lista completa de centros de educación con casos activos de coronavirus remitida pola Xunta de Galicia:






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE