Caballero evita a confrontación con Inés Rey e céntrase en facer oposición a Feijóo e os PGE

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a evitar pronunciarse sobre a polémica coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o seu equipo de goberno xurdida tras o cesamento da secretaria local do PSOE herculino, Eva Martínez Acón, como membro do executivo municipal.

|

Gonzalo Caballero esquivou de novo dar a súa opinión sobre a división existente entre os socialistas da Coruña tras o cesamento de Eva Martínez Acón no Goberno da cidade herculina. 


Caballero trasladou as cuestións relativas á tensión existente entre partidarios e contrarios á alcaldesa Inés Rey a a Secretaría de Organización do partido, ao cargo de Pablo Arangüena.


O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey


Caballero e Rey, xuntos durante a campaña


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a evitar pronunciarse sobre a polémica coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o seu equipo de goberno xurdida tras o cesamento da secretaria local do PSOE herculino, Eva Martínez Acón, como membro do executivo municipal.


A preguntas dos medios este sábado, Caballero manifestou que está centrado na acción política e que as cuestións orgánicas están "delegadas" na Secretaría de Organización do partido que ocupa o deputado Pablo Arangüena.


"Coa que está a caer temos que poñer todas as responsabilidades en demandar a Feijóo que mellore a vida da xente e en sacar adiante os orzamentos (do Estado)", apuntou o secretario xeral do PSdeG.


"Esa é a axenda á que se dedica o secretario xeral", remarcou despois de afirmar que non escoitara as últimas declaracións lanzadas desde o goberno socialista da Coruña, que acusaron á dirección do PSdeG de dedicarse a atacar á alcaldesa herculina "no canto de facer oposición" ao Executivo de Alberto Núñez Feijóo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE