Baixan por segundo día seguido as aulas pechadas por coronavirus aínda que o número de estudantes e profesores positivos aínda crece

Lista completa de centros educativos non universitarios con algún caso activo de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS no interior da noticia


|

Os indicios dun cambio de tendencia que se observan entre a poboación xeral tamén se empezan a percibir entre a comunidade educativa. Isto reforza a teoría de que as aulas non están a funcionar como amplicador dos contagios.


 O sistema educativo galego superan os 1.200 contagios e rexistra máis do 12,5 por cento do total de casos activos de coronavirus da comunidade autónoma. 

 




 


As autoridades sanitarias cuantifican este mércores un total de 1.210 positivos, detectados en polo menos 591 escolas, institutos e garderías de toda Galicia, sobre todo na zona de influencia da cidade olívica.

Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 42 aulas na comunidade e a escola infantil Golfiños de Lugo, que presenta cinco positivos. É a segunda xornada consecuitva que cae o número de aulas pechadas, indicativo dun cambio de tendencia. O número de novos casos activos creceu menos estes dous primeiros días de semana que os dous primeiros días da semana pasada, outro indicio dun cambio de tendencia. É dicir, o coronavirus segue crecendo, pero o seu ritmo de crecemento parece que está a baixar por vez primeira en máis dun mes.

Dos case 600 centros que presentan contagios por COVID-19, ben por brotes nas instalacións ou derivados do exterior, a maioría deles sitúanse en zonas de influencia de Vigo e A Coruña (159 e 103, respectivamente).

A área sanitaria de Vigo segue acentuando o ritmo de contagios, con 332 e unhas 11 aulas pechadas. O caso máis preocupante rexístrase no centro privado Apóstolo Santiago, que presenta un total de 13 positivos.

Tamén destaca o CPR Plurilingüe Lareira, de Mos, con nove positivos confirmados, o CPI A Cañiza e o San Salvador de Vigo, ambos con oito.

Ademais de Vigo, as áreas da Coruña, Santiago e Ferrol rexistran os peores indicadores de toda Galicia respecto ao número de contagios detectados e os casos que se manteñen en activo nas instalacións educativas.

A Coruña, por exemplo, aproxímase aos 200 casos aínda que o centro con máis casos sitúase fóra da contorna urbana, no IES Maximino Romero de Lema de Zas, con nove positivos.

FERROL SEGUE EN AUMENTO
As áreas de Santiago e Ferrol rexistran, pola súa banda, 161 e 139 positivos respectivamente.

Na capital galega, os centros con máis casos son o CEIP Pío XII, con oito, o CPR Plurilingüe La Salle e o CPR Plurilingüe San José de Cluny, estes dous últimos con sete positivos. En suma, hai polo menos cinco aulas pechadas en escolas da área sanitaria.

Na zona de Ferrol, onde hai catro aulas clausuradas, destacan os casos do IES Leixa ou o CIFP Ferrolterra, con oito e sete positivos; ademais do CRA de Narón e o IES Terra de Trasancos.

Os centros da área de Lugo contan con 132 positivos por COVID-19. O caso máis grave dáse no IES Lucus Augusti, con polo menos 12 contagios e unha aula pechada.


O IES Lucus Augusti de Lugo nunha imaxe de Google Street View

O IES Lucus Augusti de Lugo nunha imaxe de Google Street View  


A área de Ourense pecha o balance de casos con 112 positivos e unhas sete unidades afectadas.


A lista completa de centros educativos non universitarios con algún caso activo de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS pode descargarse aquí:





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE