Sorprendente resultado do cribado de coronavirus en Muros: 1.260 probas e ningún positivo
A práctica totalidade das probas realizadas esta fin de semana, como parte do cribado entre os veciños de Muros de 30 a 50 anos, deu negativa. Os datos facilitados polas autoridades sanitarias revelan un único caso indeterminado ao que se lle repetirá a PCR en próximos días.
En teoría, os cribados realízanse entre grupos de poboación sobre os que se ten sospeita dunha relevante presenza de contaxiados asintomáticos. En Muros, con todo 1.259 deron negativo e unha persoa terá que repetir o test por dar indeterminado.
A xerencia da área Sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza informou a pasada semana do cribado, motivado polo incremento de casos nos que non é posible seguir a cadea epidemiolóxica.
É IMPORTANTE TER ACTUALIZDOS Os DATOS
En total, acudiron ao centro de saúde 1.260 das 1.780 persoas citadas ao longo desta fin de semana e unhas 300 persoas do rango de idade ao que estaba dirixido o cribado non puideron ser localizadas por non estar actualizados os seus datos sanitarios.A inmensa maioría das probas deu negativo, unhas 1.259 persoas, engaden desde o Sergas. Na actualidade, a área de Santiago e Barbanza conta 1.360 casos activos --12 menos que este domingo--, e 78 pacientes con COVID-19 ingresados, 13 deles en UCI.
Escribe o teu comentario