Septuaxenario e ladrón de luva branca: detido por roubar en casar, vehículos, compraba lotería con tarxetas roubadas...

A Garda Civil do Posto Principal de Oleiros informou da detención dun veciño da Coruña de 72 anos como presunto autor de seis delitos de furto e tres delitos de estafa no marco da 'Operación Súper López'.

|

Un veciño da Coruña de 72 anos foi detido pola Garda Civil acusado de diversos furtos e delitos de estafa.


O botín obtido nos ilícitos ascendeu a 20.000 euros en xoias, 1.200 euros en efectivo, 300 euros en diversos efectos e 250 euros en cargos nas tarxetas furtadas. 


Detido un septuaxenario por furtos en casas e vehículos.


A Garda Civil do Posto Principal de Oleiros informou da detención dun veciño da Coruña de 72 anos como presunto autor de seis delitos de furto e tres delitos de estafa no marco da 'Operación Súper López'.

Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por unha das vítimas nas dependencias, comunicando que lle subtraían do interior da súa vivenda xoias e diñeiro en efectivo. A Garda Civil investigou os feitos para constatar a súa veracidade, o seu esclarecemento e a identificación do autor ou autores no seu caso.

No transcurso da investigación, tras as xestións realizadas e a análise da información solicitada, lograron a identificación do responsable do ilícito, constatando que era ademais responsable doutros tres delitos de furto en domicilio, dous delitos de furto en vehículos e tres delitos de estafa.

O modus operandi consistía en localizar inmobles preferiblemente da zona rural e vehículos que estivesen pechados sen chave e subtraer das súas interior xoias que posteriormente vendía en establecementos de compra de ouro, carteiras, diñeiro en efectivo e efectos de fácil venda.

Ademais, utilizaba as tarxetas bancarias furtadas en transaccións por un importe inferior ao requirido para a solicitude do PIN para a compra de billetes de lotería, e en caso de ser sorprendido alegaba un erro de localización debido á súa idade.


BOTÍN

O botín obtido nos ilícitos ascendeu a 20.000 euros en xoias, 1.200 euros en efectivo, 300 euros en diversos efectos e 250 euros en cargos nas tarxetas furtadas.

A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor de catro delitos de furto en interior de domicilio, dous delitos de furto en vehículos e tres delitos de estafa, recuperando xoias e outros efectos por valor de 4.000 euros.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE