Malos datos do coronavirus en Galicia ao dispararse a positividade e repuntar os positivos en Ourense

Galicia detectou outros 603 positivos por Covid confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 153 corresponden ao área sanitaria de Ourense e 101 á de Vigo. Estes datos sitúanse como os segundos máis elevados na Comunidade galega, tras os 687 rexistrados o pasado sábado --a cifra máis alta de toda a pandemia--.

|

Preocupantes outra vez as cifras do coronavirus en Galicia. A positividade dispárase outra vez por encima do 8% e os positivos diarios seguen por encima dos 600. A única boa noticia é que levamos xa dúas xornadas sen bater o récord de positivos, algo que non pasaba desde hai unha semana. 


Ademais, Ourense, que levaba tempo mellorando, torce o seu rumbo, en gran medida polo foco descuberto na residencia da Xunta de Barbadás, con máis de 60 contagios. 


Galicia detectou outros 603 positivos por Covid confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 153 corresponden ao área sanitaria de Ourense e 101 á de Vigo. Estes datos sitúanse como os segundos máis elevados na Comunidade galega, tras os 687 rexistrados o pasado sábado --a cifra máis alta de toda a pandemia--.





Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press


NOVOS POSITIVOS POR ÁREAS

Por áreas sanitarias, tras as de Ourense (153) e Vigo (101), sitúanse a da Coruña, con 96 positivos confirmados por PCR en 24 horas; Santiago, con 83; Lugo, con 59; Pontevedra, con 58; e Ferrol, con 53.






En total Galicia rexistra 6.766 casos activos, o que supón 335 máis que os contabilizados ata este domingo. Por áreas sanitarias, na de Ourense soben en 91 ata os 1.390; a de Vigo suma 57 e sitúase en 1.243; a da Coruña e Cee aumenta en 45 ata os 1.167; a de Pontevedra conta con 683 --44 máis--; a de Ferrol incrementa en 43 ata os 488 e a de Lugo suma 22 e colócase con 673.


CRECEMENTO EN MÁXIMOS PORCENTUAIS

Ese incremento de 335 máis supón un crecemento do 5,2% respecto ao día anterior. Porcentualmente é a peor cifra da que poderiamos chamar terceira onda da pandemia en Galicia, se llamos primeira onda a a de primavera e a segunda á de finais de verán, que non se logrou extinguir pero si conter en setembro.


De media, cada día crecen un 4,1% os casos activos, a maior tasade esta terceira onda. Afortunadamente, o seu espertar non está a ser tan brusco como o da primeira e da segunda. A gravidade débese máis a que salta a terceira cando a segunda aínda non fora vencida, a penas contida

.
DEMASIADOS TEST POSITIVOS

Ata a data curáronse na Comunidade galega 25.585 persoas, o que supón 270 máis que as contabilizadas ata este domingo, e realizáronse 640.621 PCR fronte ás 633.494 rexistradas ata a xornada pasada.


Iso implica que o SERGAS realizou onte 7.127 test, por encima das media semanas, que está en máximos con case  7.000 ao día.  Onte foi o domingo con máis PCRs de toda a pandemia.


O problema non parece ser, por tanto, a falta de probas. Aínda que a positividade de onte foi demasiado elevada, por encima do 8%; a media semanal baixa un pouco ata 6,3%. Unha cifra que non está tan lonxe do 5% que estima a OMS para indicar que un brote está en vía de ser controlado.


Un problema máis serio puiden ser, por tanto, que Galicia non está a lograr romper as cadeas de transmisión a tempo, realizando un rastrexo máis áxil e eficaz.




MORREN DÚAS PERSOAS SEN SER TRASLADADAS Ao HOSPITAL
As persoas falecidas en Galicia con Covid sitúanse en 868, tras o últimas oito mortes notificadas na tarde do domingo, catro delas de usuarios de residencias de maiores.

Seis dos oito falecidos atopábanse en centros hospitalarios, mentres que os dous restantes estaban en residencias --un home de 87 anos en Vos Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense) e outro home de 75 anos na residencia DomusVi de Oleiros--.

Dos falecidos en hospitais, outros dous usuarios de residencias que estaban hospitalizados faleceron: dous homes, ambos de 86 anos ingresados no CHUO, que procedían das residencias Nosa Señora do Viso de Lobeira e Vos Gozos de Pereiro de Aguiar.

O hospital ourensán rexistrou as mortes doutros tres homes nas últimas horas de 67, 94 e 78 anos de idade. Ademais, unha muller de 85 pereceu no CHOP de Pontevedra.

A cifra total de falecidos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 249 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega había encadeado case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.


IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (3)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE