Saída de vía mortal en Caldas: falece un mozo de 21 anos e outro resulta ferido de consideración

Un mozo de 21 anos veciño de Portas (Pontevedra) faleceu nun accidente de circulación rexistrado na madrugada do sábado en Caldas de Reis (Pontevedra) no que resultou ferido de consideración outro home.

|

Un mozo de 21 anos veciño de Portas (Pontevedra) faleceu nun accidente de circulación rexistrado na madrugada do sábado en Caldas de Reis (Pontevedra) no que resultou ferido de consideración outro home.


Ambulancias no CHUAC nunha imaxe da CRTVG



O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 228 da N-640 ao fío das 02,00 horas da madrugada, segundo informou este sábado o CIAE 112 Galicia.


A vítima, que perdeu a vida no lugar do accidente, viaxaba como copiloto do turismo, que se saíu da vía. Pola súa banda, o piloto, que sofre feridas de consideración, foi atendido e trasladado a un hospital polos efectivos Urxencias Sanitarias 061.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE