O coronavirus avanza sen control en Vigo e Santiago, repunta notablemente en Pontevedra e crece nas demais áreas

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a pandemia crece a pasos axigantados nas áreas sanitarias de Vigo e Santiago de Compostela.A área sanitarias olívica é a que rexistra o maior incremento de novos casos de coronavirus nas súas cifras oficiais, aínda que Pontevedra, despois duns días estable, sofre un pronunciado repunte.


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a pandemia crece a pasos axigantados nas áreas sanitarias de Vigo e Santiago de Compostela.


A área sanitarias olívica é a que rexistra o maior incremento de novos casos de coronavirus nas súas cifras oficiais, aínda que Pontevedra, despois duns días estable, sofre un pronunciado repunte. O conxunto das áreas crece en 242 novos casos, o maior salto no que vai de segunda onda da enfermidade. 



Con 69 novos casos, Vigo alcanza os 900 casos activos. A área viguesa era fai dez días a quinta área galega con menos casos; hoxe é a terceira, só cinco casos activos por baixo da Coruña. A situación é moi complexa na área viguesa, xa que acumula xa seis días por encima dos 40 casos novos diarios e toda á área metropolitana viguesa atópase en nivel de alerta 2, con Salvaterra do Miño e Tui no nivel 3. Onte contabilizou 83 novos positivos en probas PCR, cun índice de positividade do 6,8%.


Tamén as PCR realizadas na área de Santiago de Compostela rexistraron 83 novos positivos, aínda que esta xornada a área da capital suma só 38 novos casos aos seus algarismos. A positividade na área compostelá sufriu un lixeiro descenso con respecto ás cifras de hai 24 horas, ata o 6%. 


Máis alto é o índice de positividade en Pontevedra: 13,8%. Na área da cidade do Lérez as probas PCR detectaron 66 novos positivos e o número de casos activos na área pontevedresa creceu en 57 novos casos. Poio e Pontevedra atópanse no nivel vermello de alerta, do mesmo xeito que Vilagarcía e Cangas do Morrazo


Con todo, a área sanitaria que rexistrou máis positivos por probas PCR foi Ourense. Este mércores a área sanitaria auriense rexistra 94 novos contagios, o que provocou que o número de casos activos, que sumaba tres xornadas seguidas en descenso, volva crecer, cunha quincena de novos casos. A positividade da área ourensá atópase no 9,9%. 



A Coruña, con 29 casos positivos máis, e Lugo, con 21 máis, tamén crecen esta xornada. As probas PCR detectaron á súa vez 56 casos positivos na área herculina, por 40 na lucense. Con todo, a porcentaxe de positividade é moi distinto nas dúas áreas: 4,2% na coruñesa; 7,5% na área da cidade amurallada. 


Pola súa banda, Ferrol é a que rexistra a menor subida esta xornada con trece casos novos. As probas PCR indicaron 19 casos novos, cunha porcentaxe de positividade do 3%, o máis baixo esta xornada de todas as áreas galegas.




As cifras de esta xornada manteñen a media semanal galega en positivo ao engadir 242 novos casos ás cifras galegas, a maior subida nun só día no que vai de segunda onda. Isto provocou que a comunidade creza a un ritmo do 2,5%.



Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este mércores 21 de outubro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.457, dos cales 905 son da área da Coruña, 518 de Lugo, 1.494 de Ourense, 538 de Pontevedra, 900 da área de Vigo, 851 de Santiago e 251 de Ferrol. 


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (27)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE