O achado dun cadáver na AP-9 obriga a cortar un carril á autoestrada á altura de Poio

|

A aparición dun cadáver na AP-9, á altura do municipio de Poio (Pontevedra), obrigou a cortar o carril dereito da autoestrada en dirección a Vigo.


Peajeautopistaap9 1



Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, as forzas da orde tiveron constancia do achado ao fío das 10,30 horas deste sábado no punto quilométrico 130.

Seguidamente, o 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Poio e ao servizo de mantemento da estrada.

Pola súa banda, fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) indicaron a Europa Press que permanece cortado un dos carrís en dirección Vigo para facilitar os labores dos servizos de emerxencias.

Con todo, estas mesmas fontes precisan que "non hai" grandes retencións na autoestrada porque a tal hora do sábado "hai pouco tráfico", aínda que a circulación retardouse.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress