Policías reducen a un home con problemas psiquiátricos que se “abalanzou” cunha arma branca

Os feitos ocorreron a noite do venres 2 de outubro, cando varios veciños da rúa Bélxica requiren a atención dos axentes porque un individuo atopábase “golpeando as portas” dos domicilios dun bloque de pisos mentres portaba un coitelo. O home atópase baixo  custodia policial. 


|

Os feitos ocorreron a noite do venres 2 de outubro, cando varios veciños da rúa Bélxica requiren a atención dos axentes porque un individuo atopábase “golpeando as portas” dos domicilios dun bloque de pisos mentres portaba un coitelo. O home atópase baixo custodia policial.


Os axentes compareceron no edificio e constataron que o denunciado era un home de máis de 40 anos de idade, o cal, segundo os testemuños dos familiares recollidas na declaración á que tivo acceso Galiciapress, “é paciente psiquiátrico” diagnosticado “con trastorno bipolar” e que ese día non tomara a medicación.


Policia nacional operativo


O home atopábase no interior do seu domicilio, no mesmo edificio no que se presentaron os axentes, e atopábase en estado de nerviosismo e alteración, como así indicaban familiares e veciños do mesmo.


Os axentes, ao acceder á habitación na que se atopaba o denunciado, foron atacados polo home, que tentou abalanzarse sobre eles co coitelo na man, “motivo polo cal os funcionarios de policía bloquean os brazos do home, tirándoo encima da cama para reducilo”. A declaración manifesta que o home non sufriu ningún tipo de danos durante a actuación policial.


WhatsApp Image 2020 10 03 at 18.06.33

Arma branca comisada ao home


Varios veciños aseguraron que o home golpeou con insistencia a porta dunha veciño e causou danos na mesma, aínda que non hai que lamentar feridos. Unha vez reducido, o home foi “sedado” e trasladado a o Hospital Montecelo, onde permanece baixo custodia policial. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE