"Pode ser que caese contra o machete": a defensa dun acusado de maltratar á súa muller no Carballiño

O acusado de agredir á súa ex muller cun coitelo no lugar de traballo de ambos no Carballiño, declarou que "nunca houbo episodios de violencia" entre eles, salvo discusións "normais". A pesar de iniciar os trámites de divorcio na data do suceso, agosto do 2018, insistiu en que seguía mantendo unha "boa relación" coa súa ex muller, e que as feridas selas puido provocar ela mesma.

|

Durante o xuízo o acusado tamén se referiu ás lesións que presentaba a muller no rostro como consecuencia doutra caida "contra unha barra de ferro que hai na cociña", produto dun empuxón "para defender".


"Insultábame todos os días, chamábame raposa e aseguraba que se me vía con outros homes mataríame, por iso tiña medo", relata a denunciante.


Xuízo por lesións e malos tratos

O acusado de agredir á súa ex muller cun coitelo no lugar de traballo de ambos no Carballiño, declarou que "nunca houbo episodios de violencia" entre eles, salvo discusións "normais". A pesar de iniciar os trámites de divorcio na data do suceso, agosto do 2018, insistiu en que seguía mantendo unha "boa relación" coa súa ex muller, e que as feridas se púidoas provocar ela mesma.


"Puido ser que ela caese contra o machete, no chan". A Fiscalía elevou a definitiva a súa solicitude de prisión para o acusado destacando que a pena debe ser imposta no seu grao máximo. Ademais o acusado deberá abonar 5156,50 euros ao Sergas polos gastos de asistencia á lesionada.

Así o referiu na vista oral do xuízo celebrado esta mañá na Audiencia Provincial de Ourense, no que a defensa reclamou a libre absolución.

O incriminado asegurou que o incidente se produciu na cociña da fábrica onde traballaban ---e el vivía--- no transcurso dunha conversación. "Ela tiña o coitelo e eu tentei parala", sinalou, para asegurar que as lesións presentes no informe forense (nariz roto e hematomas no rostro) puideron ser provocados tras golpearse contra unha barra. "Puido ser que ao empuxala, para defenderme, caese contra unha barra de ferro que hai na cociña".


A vítima manifestou que foi ela quen iniciou os trámites do divorcio porque "houbo episodios de violencia, aínda que nunca física". "Insultábame todos os días, chamábame raposa e aseguraba que se me vía con outros homes mataríame, por iso tiña medo", engadiu, para despois asegurar que o acusado lle atacou co coitelo mentres lle dicía que lle "cortaría as orellas".


As TESTEMUÑAS CORROBORAN Á VÍTIMA 

Con todo, as testemuñas que estiveron con vítima e acusado ese día de agosto do 2018 na fábrica, e que hoxe prestaron declaración ante o xuíz, coincidiron en que o home saíu sen sangue da cociña e ela con cortes en antebrazos, que "sangraban abundantemente".

Así mesmo, unha das compañeiras de traballo, que foi quen atopou a escena, declarou que lle pediu que "parase varias veces" porque a "ía a matar" que en ningún momento dixo que ela lle atacou ou que se tratase dun accidente.

Os policías que acudiron ao lugar do suceso sinalaron que "o chan da cociña estaba cheo de sangue" e que a arma, un coitelo afiado, atopouse "dentro dunha caixa". Ademais, aqueles que lle tomaron declaración á vítima, no hospital ao que tivo que ser trasladada, afirmaron que "en ningún momento fixo un relato incongruente, estivo consciente en todo momento, con síntomas de nerviosismo".

Na sesión de hoxe, igualmente, interviñeron como testemuñas da defensa, o fillo maior do acusado e unha amiga en común da ex parella. O fillo negou que houbese malos tratos na vivenda que compartiron durante 3 anos, mentres que a outra declarante sinalou que "ambos tiñan condutas de celos" pero "nunca lle vin golpeala" diante, "e a ela si".


NON FUXIU DA ESCENA

A defensa mantivo a súa solicitude de libre absolución para o seu cliente, destacando que, "en todo momento tiña as chaves do seu coche e o coche a disposición pero non fuxiu", mantívose "tranquilo" porque "fora un accidente", as feridas "puideron ocasionarse mediante unha caída", tamén se acolleu ás palabras do atestado da policía nas que aparecía "mostras de ADN dos dous no mango do coitelo".

Pola súa banda, o Ministerio Público, tras a vista oral, decidiu elevar a definitiva a súa petición de pena de 8 anos de cárcere para o acusado por un delito de malos tratos continuados xa que, "malos tratos non é soamente a agresión física, se non o vivir con medo constante por insultos e ameazas" ademais de por as lesións causadas das que quedaron secuelas á vítima.

A fiscala determinou que queda así acreditado que "a declaración da vítima fai ver que estivo prostrada en pose fetal tentando protexerse do ataque", dando autenticidade aos testemuños e á acusación.

A defensa da acusación pola súa banda, amparándose no exposto solicitou a pena por tentativa de homicidio "porque se non chega a escoitar os queixumes unha compañeira non sabemos cales fosen realmente as intencións" e, ademais, "pedimos a expulsión do país, en caso de condena, porque o seu arraigamento era a súa ex muller, nin sequera conta con máis vida laboral que a realizada na fábrica", finalizou. O caso quedou visto para sentenza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE