En corentena un restaurante de Rinlo, en Ribadeo, por varios positivos de coronavirus entre o persoal
Un dos locais gastronómicos máis populares da Mariña, Restaurante A Confraría, someteu a todos os seus traballadores tras descubrir que o cadro de persoal estivera en contacto cun positivo. Onte pecharon, tras dar positivo, por agora todos asintomáticos.
Foto de arquivo do Restaurante Confradía de Rinlo nunha imaxe de Google Street View
O restaurante A Confraría de Rinlo, situado no municipio lucense de Ribadeo, decidiu pechar as súas portas durante 14 días tras detectar varios positivos entre os seus traballadores.
Así o explicou o propio restaurante nun comunicado difundido a través das súas redes sociais no que precisan que, para "garantir a seguridade" dos seus clientes e traballadores, permanecerán pechados desde este luns e durante 14 días.
Comunicado oficial desde A Confraría de Rinlo: Tras estar en contacto cun positivo en COVID-19 todos vos integrantes dá...
Publicada por A Confraría de Rinlo en Martes, 15 de setembro de 2020
Tras estar en contacto cun positivo por COVID-19, todos os integrantes do persoal sometéronse a unha proba PCR, a pesar de "non presentar ningunha sintomatoloxía". Finalmente, algúns dos traballadores deron positivo e o restaurante decidiu pechar.
Segundo fontes veciñais consultadas por Galiciapress, o local estivo aberto e bastante concorrido o domingo. Está situado, ademais, nunha zona con moitos locais de hostalería.
Escribe o teu comentario