A Comisión Electoral das eleccións da USC teme máis "campañas encubertas" na xornada de reflexión

As candidatas ao reitorado da USC apuran o final de campaña antes dunha xornada de reflexión sobre a que a CEC xa lanzou advertencias.

 


|

Elecciones Foto USC
Eleccións | Foto: USC

 

A recta final no proceso electoral das eleccións ao reitorado da Universidade de Santiago de Compostela promete ser especialmente movido. Se o venres a Comisión Electoral Central (#CEC) formulaba unha “advertencia formal por incumprimento” das normas de proceso electoral ao quen fóra decano da Facultade de Ciencias Políticas, Ramón Ángel Bouzas Lorenzo, e á catedrática de Enxeñaría Química da ETS e membro da candidatura de Rosa Crujeiras, Amudena Hospido, onte eran os propios estudantes os que denunciaban o envío de correos ás súas direccións persoais do profesor emérito Celso Rodríguez Fernández manifestando o seu apoio a Maite Flores. Neste clima, a CEC teme que nestes días previos á votación poidan dar situacións similares e xa ha mandade un aviso a navegantes.

 

 

SANCIÓN E ADVERTENCIA

Este luns, como xa ocorreu con Bouzas Lorenzo e Hospido, fíxose pública a advertencia da CEC contra Rodríguez Fernández polo "uso de medios institucionais" e o "incumprimento das normas do proceso electoral" polo envío de "mensaxes de forma masiva a membros da comunidade universitaria".  

 

Na reunión puxéronse sobre a mesa dúas consideracións. A primeira, que "o envío masivo de propaganda electoral a través de medios institucionais, en particular, do correo electrónico —á marxe dos supostos regulados no Acordo da Comisión Electoral Central sobre o uso de medios institucionais da universidade polos candidatos e candidatas nos procesos electorais de reitora e de representantes no claustro universitario— constitúe unha actuación non permitida pola normativa electoral". 

 

 

A continuación, e como tivo lugar nos casos anteriores, reclaman ao docente que "cesamento no uso do correo electrónico para a difusión de mensaxes de contido electoral entre os membros da comunidade universitaria". "En caso contrario, a Comisión dará conta ao reitor para o exercicio da potestade disciplinaria polo incumprimento da normativa electoral", recalcan.

 

Foto: USC

 

Antes deste último caso, desde a Comisión Electoral Central quixeron mandar unha mensaxe clara aos membros da comunidade universitaria" a través dun comunicado asinado pola súa presidenta, Diana Santiago Iglesias, a fin de evitar este tipo de situacións que se deron a favor de ambas as candidaturas co que se poderían denominar formas de "campañas encubertas".

 

"Que todos os membros da comunidade universitaria (persoal docente e investigador, estudiantado e persoal técnico de xestión, administración e servizos) deben abster de realizar actuacións en apoio dunha opción electoral concreta, en particular, na xornada de votación e reflexión, empregando medios institucionais como o correo electrónico da USC ou grupos de comunicación creados con fins académicos ou de natureza análoga", detallan na súa 'Advertencia xeral'.

 

 

Por iso, insisten en que tanto durante a xornada de reflexión que arrinca mañá como na de votación do mércores "deberá garantir a tranquilidade necesaria para a adopción en liberdade da súa decisión polos membros da comunidade universitaria". 

 

ÚLTIMAS HORAS DE CAMPAÑA

Neste clima, a candidata Maite Flores acudiu este luns a un acto conmotivo do 8M e declarou, ecomo tamén fixo durante a entrevista con Galiciapress , que "hai partido" entre a súa proposta e a de Rosa Crujeiras, que resultou a máis votada na primeira volta. 

 


Flores fixo un chamamento a toda a comunidade universitaria para acudir ás urnas e que "non vote en branco" no caso de que preferisen algunha das outras candidaturas que quedaron na carreira, como as de Alba Nogueira e María José López Couso. Ao tempo, tachou de "anestesiado" ao equipo de Crujeiras e dixo ser "optimista" de face ao mércores, onde cada unha chega con propostas "moi diferentes".
 

 

"Levámolo ben, con enerxía e ilusión, agradecendo á xente que siga confiando en nós porque cada vez temos máis constancia de que a xente vai confiando en nós", apostilou. 

 

Crujeiras, pola súa banda, ten unha última axenda de campaña cargada de actos, con visitas á facultade de Filoloxía, de Ciencias da Comunicación, de Medicamento e Odontoloxía e de Física, ademais doutras entrevistas e actos ao longo do luns. Nese tour polas facultades estivo presente Galiciapress a semana pasada durante un acto na de Farmacia, onde Crujeiras atendeu a este diario.

 

 

"Non serán as últimas se saio reitora", declarou a candidata este luns na súa conta de redes sociais, que promete "volver por cada centro para saír traballando" se resulta elixida o mércores.

 

 

De igual maneira, quixo mandar unha mensaxe de agarimo noutro post a "todas as persoas que participásteis activamente nesta campaña apoiando a miña candidatura a ser a próxima reitora". "Grazas de todo corazón", engadiu, sobre un período do que leva "sorrisos, conversacións e bos momentos". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE