O Anxo Carro espera cos brazos abertos El Hacen
O xogador do Real Valladolid, un dos homes destacados do segundo tramo da tempada, está a piques de volver ao CD Lugo.
O xogador do Real Valladolid, un dos homes destacados do segundo tramo da tempada, está a piques de volver ao CD Lugo.
O xogador na súa anterior etapa en Lugo | Foto: CDLugo
O conxunto albivermello atópase dándolle as últimas puntadas ao persoal dirixido por Juanfran. O último nome en saír á palestra é o do mauritanio El Hacen un dos xogadores determinantes o pasado ano para conseguir a permanencia e que agora parece ter as maletas feitas para regresar á disciplina lucense.
O centrocampista, que pode actuar tamén como defensa, parecía destinado a facerse un oco no equipo de Sergio, pero o Real Valladolid, medorento de que o internacional con Mauritania non goce dos minutos que necesita para a súa progresión, cre que o mellor é cedelo de novo e a un equipo no que ofreceu un rendemento optimo como o CD Lugo.
No Anxo Carro erixiuse pronto como un dos líderes do equipo e os seus cinco goles, especialmente o anotado contra o Tenerife, foron determinantes para conseguir o obxectivo da tempada.
Con todo, e a pesar de que a experiencia no equipo da cidade amurallada foi moi positiva, o xogador ten ofertas de Ponferradina, Mallorca e Raio que poden torpedear o seu regreso a Galicia. Con todo, a súa relación con Juanfran parece decantar a balanza a favor do cadro branquivermello, que contará de novo cun comodín.
Escribe o teu comentario