O novo conselleiro de Educación

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Nesta nova lexislatura de Feijóo, quizais a máis chea de incertezas pola Covid-19, vén de cambiar as consellerías de Sanidade e Educación. E do novo conselleiro de educación quero falarlles hoxe, pois comeza cunha herdanza que moitos quixesen rexeitar.

            

Se comezamos polo principio observamos que, desde o equipo de traballo da Consellería de Educación, quixeron articular un protocolo que estivese avalado por expertos en sanidade. E iso está moi ben. Do que non foron capaces foi de chamar aos profesionais do ensino para ver se esas normas eran viables. A anterior conselleira non escoitou aos interlocutores sociais e tirou para adiante sen rumbo. Proba diso é que no Pleno do Consello Escolar de Galicia os sindicatos, os Movementos de Renovación Pedagóxica, Asociacións de nais e pais, o ensino concertado entre outros, afirmaron con rotundidade que ese protocolo non estaba consensuado.

            

A convocatoria con carácter de urxencia do Consello Escolar de Galicia, á que asistiu tamén o conselleiro de Sanidade, foi unha boa estratexia para tentar deixar aos sindicatos do ensino sós. Pero os ecos de folga no ensino xa ecoaban nos oídos de todos, e o medo que xera a suposta inseguridade nos centros, fixo que ninguén cala ante un conselleiro que traía un discurso triunfalista cheo de parabéns para os equipos directivos dos centros, e para o profesorado en xeral.


Durante as 4 horas que durou o Pleno, o conselleiro non foi capaz de contestar a ningunha pregunta en concreto e fixo un esforzo por buscar puntos de coincidencia cos membros do consello. Era imposible contestar a todos, certo, pero seguimos sen saber se se poñerán en marcha os mecanismos que ata hoxe ten na súa man. Estou a me referir ás Comisións creadas no propio Consello, que hai anos que non queren que funcionen. Cando nunha parte do seu discurso Román pedía colaboración e axuda neste tempo de crise sanitaria, moitos non podiamos acreditar que desde o decembro de 2019 o consello non fose convocado. Desde os movementos de renovación pedagóxica envióuselles unha carta ofrecendo colaboración, pero unha vez máis o vicepresidente fixo caso omiso.

            

O conselleiro anunciou a creación dun comité de expertos para desenvolver temas tan complicados como revisar os curriculos. Haberá que esperar se seguen cambiando protocolos por vía de urxencia, ou fai uso dun Órgano Colexiado de carácter consultivo que recolle o sentir da maioría da Comunidade Educativa. As cousas non se arranxan cunha carta enviada aos docentes, dando miles de parabéns e deixando caer nela un erro tipográfico, a modo de que un conselleiro tamén é un ser humano con pequenos erros. Seguimos cheos de incógnitas e os mestres e profesores seguirán dando todo polos seus alumnos, polo que a Xunta só reaccionará con protestas e manifestacións públicas antes decisións unilaterais e con pouco sentidiño.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE