Brote con 5 positivos de coronavirus nun hospital do SERGAS en Lugo
A Xunta detectou o brote o martes pero ata este venres non se soubo do positivo de varios pacientes e tres sanitarios
A área de Traumatoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti rexistrou un brote de coronavirus que afecta a un total de cinco persoas, dos que dous son pacientes, outros dous son auxiliares e o restante, un médico.
Segundo aseguran a Europa Press fontes da área sanitaria, o brote detectouse o martes desta semana e xa está "todo controlado", tendo en conta que "se actuou segundo o protocolo".
EN BUSCA DO INICIO DO BROTE
Deste xeito, tanto os profesionais sanitarios como os pacientes e os respectivos contactos atópanse en corentena, subliñan as mesmas fontes.
Por mor da detección dos cinco positivos por COVID-19, os sanitarios traballan na investigación para coñecer quen foi o paciente cero e de que modo introduciuse o virus no servizo de Traumatoloxía.
Escribe o teu comentario