O PP a piques de derrubar a Jácome da alcaldía co apoio dos críticos de Democracia Ourensá

Como adiantou onte Galiciapress, os conservadores poden botar ao polémico alcalde sumando o apoio dos concelleiros localistas opostos a Jácome e Cidadáns. Hoxe xa deron o primeiro paso, ao abandonar o executivo local.


|

Como adiantou onte Galiciapress, os conservadores poden botar ao polémico alcalde sumando o apoio dos concelleiros localistas opostos a Jácome e Cidadáns. Hoxe xa deron o primeiro paso, ao abandonar o executivo local. Antes Jácome quitara as competencias a dúas dos cinco críticos.


  O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.


O goberno local de Ourense experimenta un novo episodio da crise co anuncio do PP, os socios de goberno do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de "suspender" o pacto de goberno. Ademais, "devolven" todas as súas competencias e instan o rexedor a "reaccionar inmediatamente" en público.

Precisamente, Pérez Jácome vén de retirar as competencias aos concelleiros Miguel Caride e Manuel Álvarez, críticos coa xestión dos fondos da partido Democracia Ourensá (DO), por "perda de confianza", "indisciplina" e "falta de disposición para buscar unha solución".







Na mesma nota de prensa, o Consistorio ourensán anunciou a destitución de Caride como membro e concelleiro-secretario da xunta de goberno, tras coñecer a semana pasada, así mesmo, a súa substitución como portavoz municipal.

O RETORNO DE JESÚS VÁZQUEZ
En rolda de prensa urxente este martes, o senador e exalcalde de Ourense popular, Jesús Vázquez, explicou as razóns para suspender o pacto de goberno, asegurando que "o principio de confianza rompeu". "Non podemos entender a pasividade do alcalde", dixo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE