Radar Covid, a app oficial contra o coronavirus, é útil pero inclúe ao inglés e exclúe ao galego

As primeiras avaliacións de Radar Covid, a app do Goberno para rastrexar o coronavirus, son boas. Polo menos a nivel técnico, de protección da privacidade e de experiencia do usuario. Sen a nivel lingüístico, como denuncia A Mesa pola Normalización, aplica unha política que vulnera claramente os dereitos de gran parte da cidadanía española.


|

As primeiras avaliacións de Radar Covid, a app do Goberno para rastrexar o coronavirus, son boas. Polo menos a nivel técnico, de protección da privacidade e de experiencia do usuario. Con todo a nivel lingüístico, como denuncia A Mesa pola Normalización, aplica unha política que vulnera claramente os dereitos de gran parte da cidadanía española.


Hai que lembrar que a Administración Xeral do Estado ten a obrigación de facilitar información nas linguas cooficiais naquelas autonomías onde eses idiomas teñen tal status. A pesar diso, Radar Covid está en inglés, pero por agora non se pode usar nin en galego, nin en catalán nin en eúscaro.


Radar Covid a app do Ministerio contra o coronavirus



Desde A Mesa piden unha rectificación ao Ministerio. "Temos dereito a recebermos información, atención e axuda sobre a Covid en galego",  razoan desde a maior asociación cultural de Galicia. 


O problema non é exclusivo da app do Ministerio, que ao fin e ao cabo está aínda en proceso de implementación. Tamén a app do SERGAS só funciona en castelán, a pesar de ter en aparencia opción para galego. 


ÉXITO TÉCNICO

Cando se fixo a primeira proba piloto en A Gomera, o 61 por cento dos usuarios coa 'app' comunicaron os seus positivos simulados, a pesar de que "algúns crían que ao ser unha proba piloto non era necesario". O 78 por cento comunicouno en menos de 24 horas e o 83 por cento continuou coa aplicación despois de descargala.


Os usuarios outorgaron un 8,2 sobre dez de valoración xeral á aplicación, un 8,6 en facilidade de uso e un 8,6 en sensación de privacidade. Así, o 82 por cento valóraa como "unha ferramenta moi útil para previr os contagios".


A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, detallou a principios de agosto que a aplicación voluntaria de alerta de contagios 'Radar COVID' "practicamente dobra" a capacidade de detección de contactos de positivos de COVID-19.


Por agora está en fase de probas, xa se pode descargar e empezar a usar, pero a súa operatividade dependerá de se a Xunta decide unirse a este programa. Ten ata o 15 de setembro para decidirse.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE