Novo brote en Ourense, esta vez en San Cibrao das Viñas, procedente dunha persoa retornada de Latinoamérica

Un novo caso positivo de COVID-19 importado detectado ao realizarlle unha proba preventiva a unha viaxeira de 82 anos procedente de Venezuela revelou un brote familiar con outros tres positivos no municipio de San Cibrao das Viñas (Ourense).

|

Catro dos cinco casos activos máis que ten a provincia poderían ter con este novo foco. É a terceira vez que dá positivo unha persoa que retorna da área do Caribe, hoxe é unha octoxenaria de regreso desde Venezuela e as semanas pasadas foron dous mozos de volta á capital desde a República Dominicana.


Un novo caso positivo de COVID-19 importado detectado ao realizarlle unha proba preventiva a unha viaxeira de 82 anos procedente de Venezuela revelou un brote familiar con outros tres positivos no municipio de San Cibrao das Viñas (Ourense).


A provincia sitúase en 46 casos activos, en crecemento continúo desde finais de xullo. Hai que lembrar que a principios de xullo só quedaba un caso en todo Ourense.





A aceleración do coronavirus en Ourense é evidente, cun nivel de casos activos non visto desde o 6 de xuño. Iso si, afortundamente, a aceleración da pandemia está a ser por agora moito máis lenta que na Coruña. 


UT5uV casos activos de covid 19 no rea sanitaria de ourense





Segundo informaron fontes da área sanitaria de Ourense, a octoxenaria presentaba sintomatoloxía leve e obtivo positivo por COVID. Atópase actualmente en situación de illamento no seu domicilio en San Cibrao das Viñas.


UN ENFERMO DE CASE 100 ANOS

O labor de seguimento dos seus contactos máis estreitos realizado por esta área sanitaria, e unha vez realizados os rastreos e estudos correspondentes, detectaron outros tres novos casos positivos de tres homes da súa contorna familiar de 97, 85 e 69 anos de idade, "tamén asintomáticos", puntualizaron as mesmas fontes.

De acordo co protocolo establecido pola Consellería de Sanidade, sinalaron as mesmas fontes, procedeuse ao seguimento dos seus contactos máis estreitos, que deberán gardar corentena durante 14 días.


SÓ DOUS HOSPITALIZADOS EN TODA A PROVINCIA

O reconto de casos positivos na provincia de Ourense sitúa en 46 os casos activos, dous deles pacientes ingresados en planta do Hospital Universitario de Ourense e 44 en seguimento a domicilio. Con todo, hai que lembrar que a pasada semana xa morreu unha muller, de máis de 90 anos, contaxiada no brote de Vilar de Barrio.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE