Socorristas da Coruña convocan folga indefinida e alertan que algúns medios de rescate non funcionan

O comité de empresa de Move Servizos de Lecer e Deporte, concesionaria do servizo de salvamento nas praias da Coruña, convoca folga indefinida a partir do 18 de agosto. Os socorristas dos areais coruñeses denuncian "sucesivos incumprimentos laborais" da empresa.

|

Os traballadores da concesionaria, máis de 60, culpan ao concello herculino de ser cómplice dos supostos abusos da empresa. 


O comité de empresa de Move Servizos de Lecer e Deporte, concesionaria do servizo de salvamento nas praias da Coruña, convoca folga indefinida a partir do 18 de agosto. Os socorristas dos areais coruñeses denuncian "sucesivos incumprimentos laborais" da empresa.


Socorristas da Coruña nunha imaxe de arquivo

Socorristas da Coruña nunha imaxe de arquivo  


DESPIDO E SANCIÓNS

A través dun comunicado de prensa, os traballadores sinalan o incumprimento sobre o abono de horas extra, a falta de medios preventivos para o traballo, o despedimento dun empregado e as sancións a outros cinco, con sancións "de ata 15 días de suspensión de emprego e soldo".

Os representantes do persoal denuncian que o Concello "tolera" que o servizo estea "nun contrato de emerxencia" con medios que non funcionan, como, din, as motos de auga.


Os socorristas piden desculpas aos usuarios das praias polas "molestias" que poida supoñer a medida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE